Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 25 de Maio de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Municipio de Ares celebra mañá as festas do Entroido
05 Marzo 2019 15:37
O Municipio de Ares celebra mañá as festas do Entroido
As actividades deste día, declarado festivo local, comezarán ás 16.30 horas

O municipio de Ares celebra mañá mércores a xornada grande do Entroido. De feito, o mércores de cinza é festivo local dende hai xa varios anos, o que incrementa notablemente a participación dos veciños e veciñas na programación promovida pola Concellaría de Cultura.

Así, as actividades iniciaranse sobre as 16.30 horas co desfile das carrozas elaboradas para a ocasión pola Asociación Cultural O Tilo e os entroidos participantes no concurso, O pasarrúas partirá da Porta do Sol e rematará na praza da Constitución.

Ás 17.00 comezará nese lugar a festa animada polo espectáculo “Bailemos como tolos” de LaGuagua, que amenizarán a todos os asistentes con diferentes xogos. Ademais, haberá sorteo de agasallos entre as persoas que se acheguen disfrazadas a desfrutar da festa. Haberá dúas categorías: Infantil e Adultos (Deberán recoller a papeleta de participación na mesa da organización).

Como en anos anteriores, nesta festa non podía faltar o chocolate quente e orellas, que se repartirán entre os asistentes por un euro.

Despois da entrega de agasallos, procederase á tradicional queima na praia dos entroidos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares