Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 21 de Abril de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SEMANA SANTA 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares executará tres proxectos de mellora da iluminación no municpio
14 Xaneiro 2019 14:41
As actuacións, promovidas polo Concello a través do IDAE, contan cun investimento total de 343.720,80 euros e unha aportación municipal do vinte por cento, e suporán a renovación das instalacións de iluminación exterior no núcleo urbano e zonas rurais

O Concello de Ares executará tres importantes proxectos de renovación da iluminación pública en varias zonas do municipio, dentro da línea de axudas para a renovación das instalacións de alumbrado exterior municipal cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea, e xestionada polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, con cargo ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética.

Os tres proxectos presentados polo Concello de Ares foron escollidos para conceder unha das subvencións destinadas a entidades locais que favorezan a renovación das instalacións para a mellora dos equipos e substitución das lámparas do sistema de iluminación pública exterior baixo criterios de eficiencia enerxética.

A inversión total das actuacións promovidas polo Concello de Ares ascende a 343.720,80 euros, dos cales a administración municipal asumiu o compromiso de aportar 68.744,16 euros de fondos propios, e inclúen a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior na zona de Lubre (estrada de Chanteiro) por importe de 114.605,01 euros; a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior na zona de Avenida do Mazote (senda Mugardos) por importe de 117.363,66 euros; e a renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior na zona da Rega e rúa Mar do Norte por importe de 111.752,14 euros (zona urbanzación Marina do Pombal en Caamouco).

Con esta inversión o Concello de Ares renovará o sistema de iluminación nas tres zonas substituindo as luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED, mellorando a eficiencia e o aforro enerxético. Ademais da renovación das luminarias e báculos, se modernizarán a totalidade dos equipos e cadros eléctricos.

Nestes momentos os tres proxectos aprobados están en fase de próxima licitación e a súa execución será unha realidad dentro da primeira metade do ano, o que permitirá que os veciños e veciñas do municipio dispoñan dunha iluminación de mellor calidade, baixo criterios de sostenibilidade ambiental e de aforro enerxético.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares