Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 19 de xuño de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
VeraneAres 2019

ALFOMBRAS FLORAIS 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Kaiak Redes navega polas lendas do Ártabro
10 Xaneiro 2019 20:33
Kaiak Redes navega polas lendas do Ártabro
Os kaiakistas do Club Marítimo de Redes inician un periplo polas illas da ría e as súas lendas

Kaiak Redes, a sección de kaiak do Club Marítimo de Redes inicia este domingo un percorrido polas illas de Galicia que comeza nas illas e illotes do Golfo Ártabro, en concreto na Ría de Ares e Betanzos. O roteiro leva por título “As lendas das Illas”.

Os kaiakistas do club farán unha travesía que lles permitirá coñecer in situ as lendas que rodean ás illas e illotes da ría. Así, percorrerán as Illas do Carbón, Carboeira, Illotes de Punta Roiba, Mirandiña, Miranda Grande, O Mourón e A Rabaleira.

Cada unha delas ten a súa historia e moitas lendas rodean as illas. Segundo unha delas, recollida pola Asociación Cultural Ardóbriga, na Illa Carboeira estaba antigamente a igrexia parroquial de Boebre, á que os fegreses acodían cruzando un pontón que fixeran con caínzos, do que lles quedou aos da parroquia o alcume de caincieros.

Nas Mirandas, segundo recollen varios autores, houbo unha serea que moraba alí, pero percorre toda a ría, agochándose dos homes. Algúns contan que un a descubriu e casou con ela, e mesmo que á serea se lle foron retirando as escamas e tivo un neno.

Falan tamén as crónicas da moura que vivía nas Fragas do Eume e que foi dar ao illote do Mourón, na Ría de Ares, ficando alí para sempre, convertida en serea. Alí segue a gardar o tesouro que lle confiara o seu namorado nas Fragas. Os kaiakistas do Club Marítimo de Redes non tentarán atopalo, senón ver as illas dende o mar a unha nova luz, a das lendas do Ártabro.

Kaiak Redes ten previsto continuar a facer travesías que inclúan as principais illas e illotes galegos durante os próximos anos.

Esta primeira travesía iniciarase ás 11:00 h, con saída desde a rampla do Club Marítimo de Redes. Na difusión do roteiro colabora o Concello de Ares.

O roteiro rematará ás 13:00 h en punta do Castelo, e de seguido terá lugar un xantar de confraternidade para os membros da sección de kaiak do club

Este domingo 13, a ruta en kaiak “As lendas das Illas” permitirá que os kaiakistas que se acheguen ao Club de Redes coñezan un pouquiño mais sobre o rico patrimonio de tradición oral vencellado ao mar, e específicamente ás illas e illotes da ría.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares