Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 13 de Decembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2018-2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Un novo aparcadoiro para Chanteiro súmase ás inversión do Goberno Local na parroquia de Cervás
29 Novembro 2018 12:18
Un novo aparcadoiro para Chanteiro súmase ás inversión do Goberno Local na parroquia de CervásUn novo aparcadoiro para Chanteiro súmase ás inversión do Goberno Local na parroquia de CervásUn novo aparcadoiro para Chanteiro súmase ás inversión do Goberno Local na parroquia de Cervás
O goberno local de Ares, encabezado polo socialista Julio Iglesias, vén de rematar as obras de construcción dun aparcadoiro en Chanteiro, que se engaden ás actuacións promovidas pola administración municipal que forman parte do ambicioso proxecto estratéxico na parroquia de Cervás para o desenvolvemento e posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais cos que conta.

Os últimos proxectos impulsados son un claro exemplo do alcance no programa de actuacións co que se quere potenciar a zona en beneficio da veciñanza e visitantes.

Neste sentido cabe sinalar as recentemente inauguradas obras de rehabilitación do edificio da ganadeira de Cervás. Tras destinar varios anos o POS para levar a auga a todo o perímetro de Cervás, Chanteiro e Lubre, no 2017 optouse por incluir nesta liña de financiación a reconversión do histórico edificio como centro sociocomunitario de apoio ao CIRS. A actuación contou cun presuposto de 108.211,10 € e na actualidade sirve para impartir actividades, cursos, exposicións ou como lugar para o encontro e reunións veciñais.

O aparcadoiro que se vén de concluir en Chanteiro supón outra mostra do apoio ao desenvolvemento na parroquia, dotando á zona dun amplo espazo para o estacionamento de vehículos nunha parcela situada no entorno da Ermida. Tras unha primeira fase con cargo ao POS complementario, cun investimento de 89.933,35 €, na que se executaron as prazas de aparcadoiro, o alumeado e o aglomerado no camiño Real, acábase de finalizar unha segunda fase financiada a través dun convenio coa Secretaría Xeral para o Turismo tras as xestións realizadas polo rexedor para culminar o proxecto. A segunda fase, cun investimento de 60.000 €, incluiu a execución dos viais do aparcadoiro e o acondicionamento dun área de recreo na parte superior das escaleiras da praia.

Ademais nos próximos meses a zona será obxecto de novas intervencións coas obras de mellora da fachada marítima, concretamente na franxa que vai desde Ramón García a Salgueiras, resultado das peticións do Concello ante a Demarcación de Costas, cunha inversión de 40.000 €.

Unha obra de grande calado que se está levando a cabo na actualidade é a do acondicionamento do cabildo no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro para sala de interpretación. A actuación, promovida pola Xunta co impulso do goberno municipal, ascende a 116.000 € e consiste en recuperar a configuración orixinal e crear un espazo de exposicións con pezas propias, nunha nova iniciativa por invertir na conservación e potenciación do patrimonio.

As obras actuais e as realizadas anteriormente (dotación de zona verde en Chanteiro, rampa e escaleira de acceso á praia, adquisición de A Casa da Virxe, abastecemento e construción de depósitos, pavimentación de camiños, recuperación de espazos públicos, etc…), son reflexo dun esforzo municipal que alcanza un investimento de máis de 1.700.000 €, ao que se engadirán os proxectos futuros dentro da planificación estratéxica para a posta en valor dos recursos da parroquia de Cervás.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares