Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 05 de Decembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MerAres - Campaña en colaboración coa hostelería e comercio de Ares

PEL REACTIVA

SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello abre o prazo de inscrición nas Escolas Municipais Culturais e Deportivas
10 Setembro 2018 13:06
O Concello abre o prazo de inscripción nas Escolas Municipais Culturais e DeportivasO Concello abre o prazo de inscripción nas Escolas Municipais Culturais e DeportivasO Concello abre o prazo de inscripción nas Escolas Municipais Culturais e DeportivasO Concello abre o prazo de inscripción nas Escolas Municipais Culturais e Deportivas
As actividades ofertadas, arredor de trinta en total, desenvolveranse entre o vindeiro mes e o de maio de 2019

O Concello de Ares abre o mércores 12 o prazo de inscrición nas escolas municipais culturais e deportivas, que comezarán a funcionar a partir da primeira semana do mes de outubro ata o mes de maio de 2019.

No tocante a Cultura, o programa de actividades convocadas para este ano inclúe: Música (dende os catro anos); Debuxo e pintura (adultos e infantil); Iniciación de inglés; Perfeccionamento de inglés; Encadernación; Gaita e percusión; Xadrez; Informática; e Psicomotrocidade infantil.

Xinmasia, Ioga, Pilates, Fitness, Minibaloncesto, Tenis, Baile de salón e latinos, Danza contemporánea e moderna, Escola de Ximnasia rítmica, Tenis de Mesa, Vela, Voleibol, Kaiak e Padelsurf; ou Spinning son algunas das propostas deportivas ofertadas polo Concello, que conta, nalgunhas das actividades, con clubes locais ou comarcais para o seu desenvolvemento.

As persoas que desexen apuntarse nalgunha destas actividades, poderán facelo ata que se completen os grupos no pavillón deportivo municipal, de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

No que se refire ao pago da matrícula, que ascende a 9,36 euros no caso de empadroados en Ares e 17,54 euros para os que non o son, así como da primeira mensualidade correspondente a outubro, poderá realizarse entre os días 1 e 15 de outubro, recomendándose para este extremo o pago domiciliado ao haber horario limitado para facelo nas dependencias do pavillón (os luns de 9.30 a 12 e de 17 a 20.30 horas; e os mércores e venres de 17 a 20.30 horas).

Como en anos anteriores, o Concello aplicará descontos e incluso exención de cotas para familias numerosas ou carentes de recursos económicos. A este respecto, hai que subliñar que o desconto será do 50% na matrícula e na actividade de menor importe no caso de que haxa tres ou máis inscripcións e tamén do 50%, pero en todo, no caso de familias numerosas. As actividades e matrícula serán de balde para as familias carentes de recursos económicos, previa entrega da documentación que así o acredite.

Todas as persoas que estean interesadas en tomar parte nalgunha actividade deberán entregar cumprimentado o formulario de inscrición, ao que terá que engadir unha fotocopia do DNI ou da páxina correspondente do Libro de Familia. Para domiliciar o pago das actividades, haberá que cubrir un formulario.



Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares