Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 17 de Novembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADA FORMATIVA - A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, UN RETO DE TODOS/AS

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2018

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares inaugura mañá as obras de rehabilitación do edificio da ganadeira de Cervás
07 Setembro 2018 13:13
O Concello de Ares inaugura mañá as obras de rehabilitación do edificio da ganadeira de Cervás
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, presidirá mañá ás 13.00 horas o acto de inauguración das obras de rehabilitación do edificio da ganadeira de Cervás, que será destinado a usos múltiples como local complementario do CIRS. O acto inaugural, ao que asistirán tamén os concelleiros, está dirixido á veciñanza deste núcleo, xa que o propósito do mesmo e darlles a coñecer as novas instalacións, motivo polo cal se anima á participación.

O goberno municipal de Ares, presidido polo socialista Julio Iglesias, sempre manifestou o seu interés en adquirir na parroquia de Cervás uns terreos para a construcción dun edificio multiusos coa finalidade de cubrir as carencias de dotacións públicas e dar servizo a esta parroquia, a cal está composta polos núcleos de Chanteiro, Cervás, O Penedo e Maiobre, cunha poboación beneficiada estimada de 1.600 veciños e veciñas.

Esta premisa do equipo de goberno de dotar de espazos de uso público a tódolos veciños do muinicipio viuse materializada coa adquisición dunha parcela cun inmoble no lugar de Cervás, que dadas as súas características cumpría os requisitos para poder albergar todos os equipamentos necesarios da zona. Tratábase do edificio da Sociedade Cooperativa de Produtores do Campo de Cervás, creada en 1899 como sociedade agrícola ganadeira e xa en 1969, como cooperativa, a cal contou cunha intensa actividade durante décadas, e na época da compraventa atopábase en liquidación.

A Sociedade Agrícola Gandeira de Cervás, unha das máis antigas de Galicia, fora fundada no ano 1899 co fin social de que os gandeiros tivesen aseguradas as súas vacas, que constituían o alicerce das economías familiares. Co tempo foi diminuíndo a cabana ganadeira e a sociedade transformouse en Cooperativa de Produtores do Campo, para facilitar aos asociados sementes e abonos a máis baixo prezo que o de mercado.

A orixe da nave, agora de propiedade municipal, iníciase no ano 1970 cando un grupo de veciños de Cervás adquiriron o terreo e construiron eles mesmos o edificio para almacenar e gardar os materiais. Ademáis serviría de lugar de asembleas e reunións, do que antes se carecía.

Pero este local non chegou a rematarse, xa que a decadencia na zona da ganadería e a agricultura precarias fixo que chegase a desaparecer case por completo. Os socios fóronse dando de baixa e soamente aguantou unha mínima directiva que foi a que definitivamente liquidou a Sociedade coa venda da nave e a súa parcela.

O prezo fixouse en 90.000 euros e sufragouse cunha subvención da Consellería de Presidencia, presidida polo socialista Méndez Romeu, que fixo posible a adquisición deste local almacén de pranta baixa, dunha superficie útil de 125 m cadrados e construida de 141 m cadrados, o que a converte nun lugar ideal para albergar calqueira edificio multiusos en beneficio dos veciños e veciñas.

Tras varios anos a administración local acadou a aprobación en Pleno do proxecto definitivo para reformar este local municipal e convertilo nun edificio para usos comunitarios. O proxecto ascendeu a 108.211,10 euros e foi incluido no POS +2017 da Diputación Provincial, cunha aportación de 79.835, 99 euros e unha achega municipal de 28.375,11 euros.

As obras consistiron na rehabilitación total do edificio, desde a cimentación, cerramentos, carpintaría e cuberta, así como instalacións, electricidade, fontanería, baños, etc. Preténdese que o uso deste efidicio sexa complementario ao que actualmente está dando o CIRS de Cervás, puidéndose impartir cursos e desenvolver actividades culturais e deportivas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares