O Concello de Ares reuniu hoxe á Xunta Local de Seguridade
05 Setembro 2018 14:30
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo Ansonera, presidiu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, convocada a iniciativa do alcalde, Julio Iglesias
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo Ansonera, presidiu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade deste Concello. Con esta sesión se materializa a petición cursada polo alcalde, Julio Iglesias, ante a Subdelegación para celebrar o encontro no que abordar a situación da seguridade cidadá no municipio.
Deste xeito, a reunión de hoxe da Xunta Local de Seguridade serviu para analizar a evolución da delincuencia no municipio e propoñer medidas de coordinación entre as forzas de seguridade, así como vixiar pola súa correcta implementación, co obxectivo principal de mellorar a seguridade cidadá. A reunión tamén serviu para tratar outros asuntos como os relacionados cos espectáculos pirotécnicos.
A celebración da reunión deste órgano de cooperación foi, tal e como está establecido, baixo a presidencia da subdelegada da provincia. O encontro serviu para plasmar nun órgano colexiado a xa existente colaboración entre Policía Local, Guardia Civil e Policía Autonómica no Concello de Ares para conseguir unha mellor coordinación entre eles e, en definitiva, unha mellor asistencia aos veciños da localidade.
Á sesión tamén asistiron o Tenente Coronel da Comandancia da Guardia Civil, Jorge Bodelón Habáns, e o Sarxento xefe do Posto de Mugardos, Sergio Antonio Martín Cadenas. Por parte do Concello asistiron ademáis do alcalde, Julio Iglesias, o concelleiro delegado de Polícía Local e Tráfico, José Juan Vilar, e o xefe accidental da Policía Local, Ángel Rodríguez. Por último, en representación da Policía Autonómica asistiu o inspector Javier Teijido Barreiro; e o Tenente xefe do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol e xefe accidental do Subsector de Tráfico da Garda Civil, Francisco Javier López Dopico.