Comezan as obras de acondicionamento do cabildo do mosteiro de Santa Catalina para sala de interpretación
30 Agosto 2018 12:03

A Consellería de Cultura promove as obras do proxecto impulsado pola administración local, cun investimento de 102.499,96 €
O Concello de Ares informa do inicio das obras de acondicionamento do cabildo do mosteiro de Santa Catalina para sala de interpretación.
Os traballos débense ás xestións realizadas coa Consellería de Cultura polo alcalde, Julio Iglesias, impulsando un novo proxecto para a posta en valor deste inmoble declarado Ben de Interese Cultural, que se materializaron no convenio asinado en agosto de 2017 entre a Xunta e o Concello para a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios, e no día de hoxe coa sinatura da acta de replanteo na presenza da concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, e a empresa adxudicataria que conta cun prazo de execución de tres meses para realizar os traballos.
As actuacións, cun importe que ascende a 102.499,96 €, súmanse aos 60.000 euros invertidos este verán nas reparacións urxentes realizadas na fachada, tamén promovidas pola Consellería de Cultura co impulso do goberno local.
A intervención iniciada hoxe, a primeira dentro das marcadas polo Plan Director do mosteiro, consisirá na recuperación de accesos propios da configuración orixinal do templo e traballos para frear o deterioro da carpintaría do retablo e os problemas de humidades na cuberta do coro.
Ademáis crearase un espazo para a exposición de pezas escultóricas e arquitectónicas da construcción gótica e se actuará sobre as propias pezas que se instalarán nesta sala, que incluirá iluminación especial.
Tal e como se establece no acordo entre a Consellería e o Concello de Ares para acometer os traballos a administración local garantizou a disponibilidade dos terrenos, ademáis de ser a responsable de aprobar o documento técnico das actuacións. Unha vez finalizados, o Concello asumirá a xestión, mantemento e conservación do espazo.