Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares presenta O XII Concurso “Manuel Rebón” de Pintura
04 xullo 2018 12:23
O Concello de Ares presenta O XII Concurso “Manuel Rebón” de PinturaO Concello de Ares presenta O XII Concurso “Manuel Rebón” de PinturaO Concello de Ares presenta O XII Concurso “Manuel Rebón” de PinturaO Concello de Ares presenta O XII Concurso “Manuel Rebón” de Pintura
O Concello de Ares, a través da Concellería de Cultura, convoca o XII Concurso de Pintura “Manuel Rebón”. Precisamente hoxe déronse a coñecer os detalles da cita, nunha presentación no Consistorio na que estiveron presentes tanto o alcalde, Julio Iglesias, como a concelleira da Cultura, Alma Barrón, a viúva de Manuel Rebón, Fina Gelpi, e o presidente do Centro Instructivo, Recreativo e Social de Cervás, Eugenio Fernández, que tamén participa na organización do evento.

O premio “Manuel Rebón” vai dirixido a residentes no estado español e maiores de idade. Os obras poden tratar calquera tema pero deben realizarse coa técnica do óleo ou acrílicos e non poden superar os 110x110 centímetos de tamaño, incluido o marco. Ademais, cada participante só pode presentar un cadro.

Segundo se explica nas bases do concurso o xurado outorgará un primeiro premio de 1.200 euros e un de 500 para o mellor pintor local. Haberá tamén dous accésit.

As persoas interesadas en participar neste certame deberán presentar os seus traballos entre o 5 e o 13 de setembro, ambos incluídos, no local social do CIRS de Cervás. O horario para facelo é de sete a nove da tarde, de luns a venres. As fins de semana pódese facer tamén pola mañá entre as doce e as dúas.

O fallo do xurado, composto por persoas vinculadas co mundo da cultura, darase a coñecer o 14 de setembro. A exposición das obras presentadas quedará aberta a partir do domingo 16 de setembro, no local do CIRS. O 29 de setembro clausurarase a mostra e realizarase a entrega de premios.

O artista Manuel Serantes Morán coa pintura “Ría” foi o gañador da pasada edición.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares