Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Comezan en Ares as actividades de conciliación e campamentos deportivos de verán
04 xullo 2018 08:14
O Concello de Ares iniciou esta semana as actividades de conciliación e campamentos deportivos que coma cada verán oferta dirixidos aos máis pequenos.

Así, o servizo de mañás de lecer, unha iniciativa favorecedora da conciliación, con 70 nenos e nenas dos 3 aos 12 anos de idade, funcionará durante todo o mes de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas, incluindo múltiples actividades didácticas e de ocio tanto en aulas municipais como ao aire libre a cargo de monitores especializados.

Por outra banda, os campamentos urbanos, outra das iniciativas dirixidas aos máis pequenos que gozan de gran aceptación e participación, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto con 60 prazas en cada quincena, en horario de 10.30 a 13.30 horas. Os participantes serán nenos e nenas dos 6 aos 11 anos. Tódalas prazas están cubertas, agás na segunda quincena de agosto, na que aínda se atopan dispoñibles.

Outra das iniciativas destacadas dentro da oferta estival, Xuventude Activa, orientada a idades compredidas entre os 12 e 17 anos, que inclúe numerosas actividades vencelladas aos deportes náuticos (windsurf, padelsurf, volei kaiak…), desenvolverase durante os meses de xullo en agosto. Nas tres primeiras quincenas as prazas están a piques de esgotarse e na segunda de agosto aínda quedan prazas libres.

Ademais, como tódolos anos desenvolveranse os diversos campus deportivos temáticos como o Campus de Porteiros Diego Rivas, o Campus de fútbol Celta de Vigo e o Campus de basket Chiqui Barros, actividades que reunirán a máis de 300 nenos e nenas neste verán.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares