Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello porá en marcha un dispositivo especial de tráfico na vila polo Corpus
28 Maio 2018 12:02
O Concello porá en marcha un dispositivo especial de tráfico na vila polo Corpus
O Concello de Ares, a través da Concellería de Tráfico e a Policía Local, porá en marcha un dispositivo especial de tráfico co gallo do Corpus, que se celebrará este domingo, día 3 de xuño. Co obxectivo de facilitar o normal desenvolvemento dos actos programados, entre o que destaca a elaboración das alfombras florais e a procesión que terá lugar despois da misa das cinco da tarde, levaranse a cabo unha serie de medidas especias.

En concreto, non se poderá estacionar nin circular entre as 13.00 horas do venres 1 e a tarde do domingo na praza da Igrexa, no tramo comprendido entre Saavedra Meneses e a rúa Real; na rúa Real, dende a praza da Igrexa ata a rúa Xuncal; na rúa Xuncal, entre a rúa Real e a rúa María; e na rúa María, desde o cruce coa rúa Xuncal ata o número 61.

Dado que algúns grupos de veciños comezarán os traballos dous ou tres días antes desta celebración –concretamente, para o pintado e marcado de figuras-, en zonas puntuais que estarán sinalizadas axeitadamente poderase interrumpir o paso de vehículos ou o estacionamento, aínda que unicamente será o tempo que estes veciños precisen para poder rematar ditos traballos. As zonas que se poden ver especialmente afectadas son o treito da rúa Real comprendido entre a avenida de Mugardos (farmacia) e as Escolas do Lago (rúa Xuncal), donde os veciños comezarán a traballar dende o xoves 31, así como os viais anteriormente mencionados.

Para faciliar os traballos de limpeza das rúas, non se poderá estacionar nos lugares antes indicados ata o mediodía do luns 4.

Dende o Concello faise un chamamento á colaboración cidadá, ao tempo que se piden disculpas de antemán polas molestias que estas medidas extraordinarias e puntuais poidan ocasionar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares