Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
As 15 ofertas presentadas para a execución da EDAR abriranse o vindeiro martes
13 Febreiro 2008 15:12
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, xunto co delegado provincial deste departamento, Manuel Tajes, e o alcalde de Ares, Julio Iglesias, visitaron esta mañá Punta Avarenta, lugar no que se construirá a estación depuradora de augas residuais que dará servizo á marxe sur da ría de Ferrol e á norte de Ares –en total, a unha poboación de máis de 50.000 habitantes-. O titular de Medio Ambiente, que tamén se achegou ata o mosteiro de Santa Catalina e a batería de costa situada nas súas proximidades, anunciou que a intervención está en fase de licitación e, a este respecto, informou de que foron 15 as empresas que presentaron as súas ofertas. Éstas serán abertas, no que á parte económica se refire, o vindeiro martes, día 19. Despois do prazo dun mes para a avaliación técnica, procederase á adxudicación dos traballos, prevista para finais de marzo. Deste xeito, e unha vez que o proxecto constructivo estea listo –hai que lembrar que a licitación é do anteproxecto, polo que as empresas poden incluir variables sobre o mesmo-, as obras poderán comezarán en verán.
O período de execución é de 24 meses, polo que a EDAR estará en funcionamento entre finais de 2010 e principios de 2011. Precisamente o cumprimento dos prazos foi un dos aspectos subliñados polo rexedor, que afirmou que a parte que compete aos municipios aos que dará servizo a EDAR –Fene, Mugardos e Ares-, concretamente a da expropiación dos terreos sobre os que se construirá esta importantes infraestructura, tamén se está tramitando dacordo co estipulado inicialmente –polo menos no caso de Ares-.
Xa no Concello, o director xeral de Augas de Galicia, José Luis Romero, explicou algúns dos contidos desta intervención, que contempla a concesión de obra pública a por un período de 20 anos. Así, instalarase un colector xeral dende Limodre ata a propia EDAR, ao que se irán conectando os bombeos respectivos, incluido o de Chanteiro, que será incluido na execución do proxecto de saneamento desta parroquia –actuación que, como se recordará, asumirá esta Consellería e Augas de Galicia-. Ademais, as augas serán sometidas a un doble tratamento, con dúas liñas de decantación, e un sistema de raios UVA, que evitará a concentración de bacterias coliformes –o que fai é matar a estas bacterias que afectan moi especialmente ás zonas marisqueiras-. En canto ao emisario, éste terá unha lonxitude de 250 metros.
Para Manuel Vázquez, a EDAr constitúe a obra “máis importante en inversión das executadas polo Goberno galego con fondos propios”. O conselleiro tamén destacou que foi o actual alcalde de Ares, Julio Iglesias, o que desbloqueou e axilizou o proxecto para permitir que en algo máis de dous anos xa estea rematado. Nesta liña, Vázquez fixo un chamamento á comprensión de aqueles que coñecen a ría contaminada para que “vexan que estamos no camiño de entregar en 24 meses unha ría saneada”.
Pola súa banda, Iglesias, que tamén quixo agradecer aos responsables de Medio Ambiente o traballo feito e o cumprimento dos prazos, referíuse á comprensión desta consellería non só na actuación relativa á EDAR e ao saneamento de Chanteiro, senón que ademais citou outros compromisos deste departamento, como a declaración de A Xunqueira como humidal protexido ou a creación, neste entorno, dun parque fluvial.
“Queremos darlle a Ares unha proxección vinculada ao sector servizos, vinculado ao medio ambiente e ao turismo, e todo isto sen limpeza e saneamento é moi difícil de vender”, asegurou o rexedor socialista.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares