Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 10 de Decembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DE NADAL 2018-2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello De Ares organiza xunto co CPI As Mirandas diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional Da Muller
02 Marzo 2018 15:07
O Concello De Ares organiza xunto co CPI As Mirandas diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional Da MullerO Concello De Ares organiza xunto co CPI As Mirandas diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional Da MullerO Concello De Ares organiza xunto co CPI As Mirandas diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional Da MullerO Concello De Ares organiza xunto co CPI As Mirandas diversas actividades co gallo da celebración do Día Internacional Da Muller
O Centro de Información á Muller e a Concellaría de Muller, xunto co CPI As Mirandas, están detrás das actividades coas que se celebrará o 8 de marzo, Día Internacional da Muller

O Concello de Ares, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellaría de Muller, que dirixe a edil socialista Victoria Montenegro, organiza xunto co CPI As Mirandas unha serie de actividades co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

O Concello súmase así, como explica Montenegro, aos actos e mobilizacións internacionais do 8 de marzo como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes.

Así, a idea principal das iniciativas, segundo explican dende a área municipal, é dar protagonismo ás popias mulleres e dar valor ó que elas fan diariamente, facéndoo visible para toda a cidadanía; facendo especial fincapé na corresponsabilidade familiar, a importancia do ámbito educativo, o papel das mulleres en oficios tradicionalmente vencellados a perfís masculinos ou a implicación de tódolos sectores da sociedade para acadar unha igualdade real.

Así, o programa de actividades previsto iniciarase o luns día 5 cunha Marcha de Mulleres que partirá ás 16.50 horas do CPI As Mirandas e na que participarán tódolos cursos da ESO e o profesorado e que contará coa presenza das asociación de mulleres do municipio. Ademais está convidado todo o movemento asociativo de Ares e todos aqueles que queiran tomar parte dela. Á chegada da Marcha á Praza da Constitución está prevista a lectura dun manifesto por parte das alumnas e alumnos do centro educativo.

O programa de actividades prosegue o xoves 8 de marzo, data na que se ofrecerá un obradoiro para os alumnos e as alumnas de 4 da ESO no que se abordará o tema da corresponsabilidade familiar. A iniciativa desenvolverase no CPI As Mirandas ás 14.00 horas e os encargados de impartila serán o psicólogo do CIM de Ares, José Luis Castro, e a Educadora Social do Concello de Ares, Lucía Regueira.

Dentro das iniciativas programadas súmase o venres 9 unha homenaxe ás mulleres do mar coa proxección do filme “Marea de Mulleres”. O pase terá lugar na Alianza Aresana ás 20.00 horas.

Ademais, o luns 12 de marzo celebrarase unha charla destinada a pais e nais dos alumnos e as alumnas de tódolos cursos da ESO do CPI As Mirandas. O coloquio terá lugar no propio centro ás 16.30 horas, a cargo do psicólogo e da educadora social do Concello de Ares.

Dende a Concellaría da Muller faise un chamamento a participar na Marcha e demais actos, xa que os compromisos cos cambios sociais que aínda son necesarios para fomentar a igualdade real é de todas e todos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares