Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 21 de Novembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADA FORMATIVA - A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, UN RETO DE TODOS/AS

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2018

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
As carrozas e a música centran os festexos do Entroido no Concello de Ares
09 Febreiro 2018 11:28
As carrozas e a música centran os festexos do Entroido no Concello de Ares
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza como tódolos anos unha serie de actividades para celebrar as festas do Entroido, que no caso da vila terán os seus días “grandes” o domingo 11 e o mércores 14, xornada declarada como festividade local.

Así, a xornada do domingo dará comezo a partir das cinco da tarde cunha festa na Praza da Constitución que contará con música e animación a cargo de La Guagua. Unha hora máis tarde haberá un sorteo de agasallos para todos os que vaian disfrazados, establecéndose as categorías de infantil e adultos.

En canto ao mércores 14, (Mércores de Cinza, festivo local en Ares), o programa de actividades iníciase ás 16.30 horas, co desfile das carrozas da Asociación Cultural O Tilo, que percorrerán as rúas da vila cara a carpa instalada na praza da Constitución. Unha vez chegados a este lugar, sobre as 17.30 horas, haberá unha actuación musical a cargo de “SJ Sonido e Iluminación”. Ás 18.30 horas dará comezo o reparto de chocolate quente e orellas ao prezo popular dun euro.

A festa rematará coa tradicional queima dos entroidos, que como todos os anos desenvolverase na praia de Ares. Con este acto, que terá lugar ás 19.45 horas, darase por rematado o Entroido do municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares