O Campo De Fútbol Prados Vellos estrea a nova cuberta das súas bancadas
08 Febreiro 2018 12:59

A reforma contou cun presuposto de 44.951,50 euros e supón resolver os problemas desta infraestrutura
A secretaria xeral para o Deporte, Marta MÃguez, visitou esta mañá o Concello de Ares, con motivo da conclusión das obras de construcción dunha nova cuberta nas bancadas do campo de fútbol municipal de Prados Vellos. De feito, tras un encontro no Consistorio coas autoridades locais, a comitiva, presidida pola concelleira de Deportes Alma Barrón, desprazouse ao propio campo para comprobar o resultado dos traballos.
As obras para a colocación do novo elemento en material metálico contaron cun presuposto de 44.951,50 euros, cunha aportación municipal de 10.000 euros, e foron sufragados con cargo a unha subvención da SecretarÃa Xeral para o Deporte, que fora xestionada polo rexedor e a edil de Deportes coa responsable do dito organismo autonómico.
O proxecto impulsado pola administración local consistiu na demolición dos pilares e a cuberta en fibrocemento existente para sustituila por unha nova con estrutura metálica a base de pilares e vigas de acero laminado e cuberta con chapa prelacada HDX, especial para ambientes marÃtimos. A empresa encargada de realizar a reforma foi Montajes Lesaca.
Segundo destacaron os responsables municipais as obras constatan o compromiso adquirido polo goberno municipal coa SDR Numancia de Ares, e supoñen resolver os problemas desta infraestutura, tan demandada polo clube e polos usuarios do campo, co que, unha vez máis, se pon de manifesto a implicación do executivo local coas entidades deportivas e a mellora das súas instalacións.