Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 27 de Maio de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ALFOMBRAS FLORAIS 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Comezan as obras de mellora da Seguridade Vial en Pedrós
02 Febreiro 2018 13:13
Comezan as obras de mellora da Seguridade Vial en Pedrós Comezan as obras de mellora da Seguridade Vial en Pedrós
O Concello de Ares, a través da súa área de Urbanismo, informa do inicio das obras de mellora da seguridade vial en Pedrós, mediante a construcción dunha senda peonil dende o cruce da Avenida Federico García Expósito ás instalacións da Cidade Deportiva.

Trátase dun proxecto promovido polo Concello, financiado a través dunha subvención xestionada polo rexedor coa Diputación, que conta cunha inversión de 122.554,40 euros.

A intervención impulsada pola administración local responde á necesidade de dotar de maior seguridade vial a este tramo, por tratarse dunha zona frecuentemente transitada por peóns e vehículos xa que dito vial da acceso ao humedal da Xunqueira e á cidade deportiva, ademais de ser utilizado como vía de saída do caso urbano de Ares.

Coa construcción da senda conseguirase comunicar o centro urbano coa área deportiva mediante un itinerario axeitado e mellorar a sección de paso no encontro do río Besoxo co vial de Pedrós.

Deste xeito, as obras inclúen a dotación dunha nova obra de paso suficiente para o caudal do río, a instalación dunha nova rede de augas pluviais, pavimentado mediante formigón e colocación de sinalización viaria.

Os traballos serán realizados pola empresa Canosa e contan cun prazo de execución de catro meses.

Así mesmo, dende o Concello informan que durante o trascurso das actuacións será necesario realizar algúns cortes puntuais no tráfico e na rede xeral de abastecemento, dos cales os veciños e veciñas serán informados coa maior antelación para minimizar as molestias que se poidan ocasionar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares