Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 21 de Agosto de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Vive Ares 2018

ARES INDIANO 2018

VERANEARES 2018

ARES DENDE O MAR: RUTAS TURISTICAS EN BARCO

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os kayakistas do Club Marítimo de Redes navegarán cara o tempo dos romanos
04 Xaneiro 2018 13:43
Os kayakistas do Club Marítimo de Redes navegarán cara o tempo dos romanos
O Club organiza unha ruta pola Ría de Ares para visitar as ruínas da Vila Romana de Centroña e comprender a importancia do mar na romanización de Galicia.

A ruta, que conta coa colaboración de Ardóbriga, Asociación Cultural para a Protección do Patrimonio, e do Concello de Ares, terá lugar o domingo 14 de xaneiro, e consistirá nunha visita ata a cala Cerrulo, en Centroña, onde se ubican os restos da Vila Romana.

Membros da Asociación Cultural Ardóbriga navegarán cos kayakistas e ofrecerán unha explicación histórica sobre o pasado romano da ría e explicarán o seu traballo na Vila Romana de Centroña.

O xacemento está datado no século IV da nosa era, e foi escavado por José María Luengo no ano 1950. Os restos atopados na primeira excavación atópanse depositados no Castelo de San Antón na Coruña.

Segundo os expertos, as vías maritimas tiveron grande importancia na romanización de Galicia, como testemuñan os numerosos xacementos do mundo antigo espallados polas ribeiras do Golfo Ártabro.

A ruta iniciarase ás 11:00 h, con saída desde a rampla do Pedregal, en Redes, cruzando a ría ata Centroña, para visitar a ubicación da Vila Romana e disfrutar dunha charla explicativa do pasado romano da ria polos membros da asociación cultural Ardóbriga. Na ruta colabora tamén o Concello de Ares.

O roteiro rematará ás 13:00 h en punta do Castelo, onde están as instalacións do club Marítimo de Redes. De seguido terá lugar un xantar de confraternidade para os membros da sección de kayak do club

Este domingo 14, a ruta en kayak “Os romanos na ría de Ares” permitirá que os kayakistas que se acheguen ao Club de Redes coñezan un pouquiño mais sobre o pasado romano da ría.


Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares