Paradas dos Reis Magos na súa visita a Ares e recepción no Pavillon Municipal
03 Xaneiro 2018 12:35
O vindeiro dÃa 5, tras aceptar a invitación da concellarÃa de Cultura, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán o concello de Ares para saudar, repartir caramelos e recibir as peticións de todos os nenos e nenas antes de iniciar o seu duro traballo de reparto de agasallos que os manterá atarefados toda esa noite.
A súa visita comezará no centro de DÃa de Caamouco as 16:15, continuando na praza do Pedregal (Redes 16:40h), seguirá por Barracido (17:00), Pedrós (17:20) , Chanteiro (17:40), Cervás (18:10) e chegará á Porta do Sol de Ares arredor das 18:40 onde subirán na carroza que lle preparan todos os anos os seus amigos da SC O Tilo, no que percorrerá o casco urbán de Ares ata chegar ao pavillón municipal (19:30 h) decorado para a ocasión e no que desde as 16:30 haberá inchables para pasar un ratiño ata que cheguen as súas Maxestades.
Os pequenos e pequenas que queiran acompañar aos Reis na carroza poderán anotarse no local da SC O Tilo (Rúa MarÃa 182, baixo).
Nota : os horarios son orientativos. O percorrido da carroza pode modificarse ou cancelarse en caso de choiva(neste caso adiantarase a chegada dos Reis ao pavillón)