BANDO: destrozos que se están a dar por mor das sacas de madeira en algunas zonas do municipio
04 Decembro 2017 15:16
D. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FA/SABER:
O Concello de Ares, ao fÃo dos destrozos que se están a dar por mor das sacas de madeira en algunas zonas do municipio, quere lembrar a obriga que teñen os propietarios e madeiristas de cumprir o Regulamento existente ao respecto destas actividades que, por outra banda están sendo, e serán, obxecto de especial vixianza polo Concello, de cara a velar polo seu cumprimento de tal xeito que os que modifican calqueira vial ou camiño de titularidade pública teñan que repoñer o mesmo ao estado orixinal.
Nesta mesma liña, solicÃtase colaboración cidadá para que calqueira veciño ou veciña que entenda que se está a proceder de xeito irregular ao respecto, se poña en contacto coa administración local de cara a un seguimento e comprobación de dita atividade nos seguintes teléfonos:
PolicÃa Local: 629 078 961
Alcalde: 650 853 498
Ares, 4 de devembro de 2017
O alcalde,
Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo