Este sábado quedará inaugurado o Belén da Asociación O Tilo, un dos máis grandes de Galicia
01 Decembro 2017 11:58O alcalde de Ares, Julio Iglesias, xunto coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, inaugurarán mañá sábado, dÃa 2, ás 12.30 horas, o tradicional Belén da Asociación Cultural O Tilo, unha entidade que vén colaborando dun xeito especial nestes anos co Concello nas diferentes iniciativas que desenvolve.
Como explicaron os responsables desta asociación, o Nacemento é un dos máis grandes de toda Galicia, xa que ocupa un espazo de, nada máis e nada menos, 70 metros cadrados. Nesta superficie están colocadas arredor de 200 figuras de barro lienzado de entre 12 e 21 centÃmetros (destas, vintesete son móbiles), que representan distintas esceas propias do Belén. Ademais, e como sempre, todo o Nacemento está decorado con materiais naturais. Nesta ocasión, contarase coa presenza do Grupo de Gaitas Aresán que actuarán no acto inaugural.
O Belén de O Tilo, instalado na sede da entidade –no número 182 da rúa MarÃa, na esquina coa avenida Federico GarcÃa Expósito-, estará aberto ata o 7 de xaneiro, en horario de 17.00 a 20.00 horas, de luns a sábados, e de 11.30 a 13.30 e 17.00 a 20.30 horas os domingos e festivos. Nas xornadas do 24 de decembro pola tarde, todo o dÃa 25, asà como o 1, 5 e 6 de xaneiro durante todo o dÃa o Belén non estará aberto ao público.
Como en anos anteriores, a asociación local ofrece visitas a grupos e centros escolares que o desexen. A este respecto, os responsables únicamente piden que os interesados se poñan en contacto para poder concertar dita visita e abrir, asÃ, pola mañá. Para iso, poñen a disposición dos centros o teléfono 669 404 425.
A entrada ao Belén de O Tilo é, como sempre, de balde.