Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Abril de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
DIA DO LIBRO 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Este sábado quedará inaugurado o Belén da Asociación O Tilo, un dos máis grandes de Galicia
01 Decembro 2017 11:58
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, xunto coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, inaugurarán mañá sábado, día 2, ás 12.30 horas, o tradicional Belén da Asociación Cultural O Tilo, unha entidade que vén colaborando dun xeito especial nestes anos co Concello nas diferentes iniciativas que desenvolve.

Como explicaron os responsables desta asociación, o Nacemento é un dos máis grandes de toda Galicia, xa que ocupa un espazo de, nada máis e nada menos, 70 metros cadrados. Nesta superficie están colocadas arredor de 200 figuras de barro lienzado de entre 12 e 21 centímetros (destas, vintesete son móbiles), que representan distintas esceas propias do Belén. Ademais, e como sempre, todo o Nacemento está decorado con materiais naturais. Nesta ocasión, contarase coa presenza do Grupo de Gaitas Aresán que actuarán no acto inaugural.

O Belén de O Tilo, instalado na sede da entidade –no número 182 da rúa María, na esquina coa avenida Federico García Expósito-, estará aberto ata o 7 de xaneiro, en horario de 17.00 a 20.00 horas, de luns a sábados, e de 11.30 a 13.30 e 17.00 a 20.30 horas os domingos e festivos. Nas xornadas do 24 de decembro pola tarde, todo o día 25, así como o 1, 5 e 6 de xaneiro durante todo o día o Belén non estará aberto ao público.

Como en anos anteriores, a asociación local ofrece visitas a grupos e centros escolares que o desexen. A este respecto, os responsables únicamente piden que os interesados se poñan en contacto para poder concertar dita visita e abrir, así, pola mañá. Para iso, poñen a disposición dos centros o teléfono 669 404 425.

A entrada ao Belén de O Tilo é, como sempre, de balde.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares