Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares aproba o POS 2018 cun investimento en obras de máis de 240.000 euros
29 Novembro 2017 08:27
O goberno municipal de Ares presentou no Pleno celebrado o luns a súa proposta para o Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS) cun investimento en obras de máis de 240.000,€ cos que se executarán tres proxectos de obras fundamentais para a mellora do municipio. As obras foron aprobadas grazas aos votos favorables do PSOE, NAL e Son de Ares, coa votación en contra PP e a abstención do BNG.

O proxecto máis ambicioso impulsado polo goberno local dentro desta liña de financiamento é a humanización da rúa Cisne, que será a primeira fase dentro do proxecto de rehabilitación integral no entorno urbano “O Porto 2020”, coa pavimentación e renovación de infraestruturas de toda a zona. Dentro das actuacións que contempla esta primeira fase, correspondente á rúa Cisne, inclúese a renovación das infraestruturas de abastecemento de auga, pluviais, fecales, canalizacións telefónicas, canalización da rede de baixa tensión e a renovación do pavimento; coas que se conseguirá mellorar a calidade dos servizos e a posta en valor do conxunto. As obras desta primeira fase incluida no POS 2018 teñen un importe de 142.687,57 €.

Outro dos proxectos que foi aprobado, incluído no POS complementario, é o da mellora da accesibilidade á praia de Seselle, ao que se destinarán 59.931,7 €. Trátase da renovación dos pavimentos dos viais que conducen ao arenal, así como o arranxo das beirarrúas, na actualidade en estado de deterioro, dotándoos dun novo firme que facilitará o tránsito de vehículos e peóns.

O terceiro proxecto, tamén dentro do POS complementario, é o de mellora da rúa Salazón, que suporá un investimento de 38.650,09 €, coa reparación de afundimentos nas beirarrúas e aparcadoiros. As actuacións previstas abarcarán o tramo comprendido entre os portais 1 e 9 e con elas conseguirase a reparación da superficie e a reposición dos servizos de saneamento afectados.

Por outra banda, destinouse outra das partidas á redacción dos proxectos de actuacións que o executivo local pretende executar nos próximos meses como son a renovación do saneamento e infraestruturas na rúa Caramanchón e dos Mártires (correspondente á segunda fase do proxecto de rehabilitación integral “O Porto 2020”), a reparación do Camiño Real en Chanteiro, a rehabilitación do alboio de Redes, a reparación de camiño do Curro e lavadoiro en Chanteiro; e a reparación do camiño de Gaspalleira en Cervás.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares