Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Agrupación Instrutiva de Caamouco declárase espazo libre de violencias machistas
22 Novembro 2017 13:15
A Agrupación Instrutiva de Caamouco declárase espazo libre de violencias machistas
- A entidade é unha das primeiras da comarca en adherirse á campaña “En negro contra as violencias”

- A acción reivindicativa visibilizarase con varias sesións
fotográficas entre a veciñanza

- A inclusión da Agrupación na campaña foi posible grazas á
colaboración do CIM do Concello de Ares

Agrupación Instrutiva de Caamouco adheriuse á campaña _En negro contra as violencias_, unha iniciativa de concienciación e sensibilización contra as violencias machistas. O obxectivo da sociedade é promover e facer visible o rexeitamento da veciñanza de Caamouco ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, coincidinco co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o vindeiro 25 de novembro.

A Agrupación Instrutiva, que xa forma parte do mapa contra as violencias, foi a primeira entidade cultural de titularidade privada do concello de Ares que se uniu á campaña e unha das primeiras da comarca de Ferrolterra.

A acción reivindicativa visibilizarase no centro social da Tenencia, dende agora convertido nun "espazo libre de violencias machistas", tinguindo de negro as diferentes estancias do edificio. Ademais, a entidade organizará varias sesións fotográficas entre a veciñanza, para que cada unha das persoas que así o desexen se sumen á iniciativa. As persoas interesadas en fotografarse co material da campaña poderán achegarse á Tenencia os SÁBADOS 18 E 25, CONTRA AS 19:30 HORAS. Ademais, na xornada do día 18, a acción reivindicativa da Agrupación percorrerá tamén as rúas de Redes na procura de persoas que, a título individual, se queiran sumar á campaña.

A adhesión da Agrupación Instrutiva de Caamouco á campaña foi posible grazas ás xestións do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ares.

ORIXE DA CAMPAÑA
A iniciativa naceu no ano 2015. Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, o Concello de Santiago puxo en marcha a campaña de sensibilización _Compostela en negro_, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron nos seus embaixadores.

Debido ao éxito da campaña, dende o Concello de Santiago tomouse a decisión de ampliar a campaña e estendela a outros concellos de Galicia. Así, en 2016 foron 17 os municipios que se sumaron, localidades das catro provincias galegas e de todas as cores políticas.
Deste xeito, _Compostela en negro_ pasaba a chamarse _En negro contra as violencias._

Nesta terceira edición son xa 75 concellos galegos os que participan na acción, incluído o de Ares, e 3.076 establecementos e axentes sociais. Estas cifran seguirán medrando nos vindeiros días, xa que calquera establecemento comercial, entidade social ou colectivo cultural se pode unir á campaña dun xeito rápido e sinxelo.

SENSIBILIZACIÓN SOCIAL
O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada.

Segundo os datos da última Macroenquisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Socias e Igualdade, un 13% das mulleres residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella, un 26% violencia psicolóxica de control —celos, control de horarios e actividades etc.— e un 20% violencia psicolóxica emocional —insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc—. Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación de Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España.

AGRUPACIÓN INSTRUTIVA DE CAAMOUCO

680 16 19 29

Lugar da Tenencia s/n, 16623
Caamouco - Ares
A Coruña
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares