Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares organiza unha nova edición das Xornadas sobre Violencia de Xénero
21 Novembro 2017 11:09
Imaxe
Baixo o lema de Novos Retos na Igualdade, a Concellaría de Muller, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, a través do CIM (Centro de Información á Muller), e coa colaboración da Diputación, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo, organiza as que serán as undécimas Xornadas sobre a Violencia de Xénero, que se desenvolverán o vindeiro venres 24 de novembro na Alianza Aresana.

Como explicaron os responsables municipais esta mañá na comisión informativa da área, esta actividade terá lugar ao longo de toda a xornada, comenzando ás 9.30 horas coa inauguración a cargo do alcalde de Ares, Julio Iglesias.

A primeira das mesas redondas, prevista para as 10.00 horas, leva o título de “Custodia compartida a exame” e será moderada por Lucía Regueira, a Educadora Social do Concello de Ares. O coloquio contará coas intervencións de Belén Trigo García, profesora titular de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela; Elvira Miramontes, avogada especialista en Igualdade; e Francisca Fariña Rivera, catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do menor da Universidade de Vigo, que acudirá en representación da Asociación de Pais e Nais separados.

Despois dunha pausa para o café, ás 12.00 horas comezará a segunda das mesas redondas, que neste caso será sobre acoso cibernético. José Luis Castro Feijoo, director do CIM de Ares, será o moderador da actividade. As ponencias serán impartidas por Fernando Villar Santos, garda civil formador do Plan Director e José Antonio Franco Rivera, cabo primeiro da Garda Civil e formador do Plan Director.

Tras un descanso para o xantar, a xornada de tarde iniciarase ás 16.00 horas, coa mesa redonda que abordará o tema da maternidade subrogada. Beatriz Sestayo Doce, avogada do CIM de Ares, será a encargada de moderar as charlas. As ponencias serán a cargo de Paloma Rodríguez Vázquez, psicóloga especialista en igualdade; Juan Luis Pía Iglesias, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a psicóloga perinatal Andrea Rodríguez.

A continuación, ás 18.00 horas, impartirase un taller de defensa persoal de mans de Xosé Lois Brage Rodríguez, graduado en Ciencias Políticas e da Seguridade Pública.
Ás 19.30 horas, a edil de Muller, Victoria Montenegro, será a encargada de presidir o acto de clausura e a entrega de diplomas aos participantes.

Aínda que a participación nesta iniciativa é libre e gratuita, agradécese aos interesados en asistir a súa confirmación a través do correo electrónico cim@concellodeares.com, xa que todos aqueles que o soliciten terán un certificado que acredite a súa asistencia ao rematar a xornada. Nos Servizos Sociais do Concello ou no teléfono 981468102 facilitarase, así mesmo, información sobre estas xornadas.




Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares