BANDO: Con motivo da celebración dunha rodaxe de serie de ficción, faise preciso adoptar una serie de medidas relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado
03 Novembro 2017 16:12
DON JULIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES, FAGO
SABER:
Que, con motivo da celebración dunha rodaxe de serie de ficción, faise preciso adoptar una serie de medidas relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado por algunhas das rúas desta vila, co fin de facilitar o normal desenvolvemento dos actos programados; polo que facendo uso das atribucións que me confire o artigo 7 do ROL 6/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de VehÃculos a Motor e Seguridad Vial, nos seus apartados a) e f), e o artigo 21da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, fago saber a todos/as os/as veciños/as e, en especial a aqueles que utilizan normalmente o seu vehÃculo en calidade de condutores, que nos dÃas e horas que se sinalan a continuación deben respectar as seguintes NORMAS:
O Luns 6 de Novembro, durante todo o dÃa, prohibirase o estacionamento na Praza da lgrexa, e inmadiacións; R/San Andrés, fronte edificio Alianza Aresana (biblioteca), e R/Consistorio nas inmediacións da lgrexa de San Xosé.
Quedará pechado ao tráfico puntualmente na zoa de gravación sempre que roden. Eses cortes serán efectuados _por membros de produción do Equipo de rodaxe e sempre seguindo as ardes da Policia Local e Protección Civil.
Os residentes nestas zonas que teñan garaxes poderán, en todo momento, acceder ou sair dos mesmos, adoptando as medidas de precaución necesarias e seguindo as indicacións que, desde a PolicÃa Local, Protección Civil, ou persoal da organización debidamente acreditado selle fagan.
Por parte da PolicÃa Local establecerase un dispositivo especial de vixilancia e control do tráfico, a fin de garantir que se respecten estas normas, procedendo, se é o caso, á denuncia e/ou retirada nas rúas afectadas daqueles vehÃculos que supoñan un impedimento para o correcto desenvolvemento da rodaxe.
Grazas pola súa colaboración.