Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 23 de Novembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2016
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NOVOS RETOS NA IGUALDADE.

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Mañá sábado celebrarase a sétima edición do Magosto Solidario en Ares
03 Novembro 2017 09:06
A asociación Ares Solidario e o Concello de Ares, a través da área de Cultura, organizan un ano máis o tradicional Magosto Solidario, que nesta ocasión cumpre a súa sétima edición. O festexo será mañá sábado, día 4, e terá como lugar central de celebración a Praza da Constitución.

Ás 17.00 horas terá lugar dende o Parque Rosalía a congregación dos participantes e a saída do desfile de carrozas da Asociación Cultural "O Tilo". Tras un percorrido de aproximadamente unha hora polas principais rúas de Ares, en torno ás 18.00 horas, a comitiva chegará á Praza da Constitución para rematar a festa. Neste caso, coa típica degustación de castañas, doces e bebidas. Ademais, haberá un concurso de cabazas para nenos e adultos, con sorteo de agasallos e actuacións musicais a cargo das formacións Trouleada e Areas do Mar ou a amenización da Discomóvil.

Esta cita ineludible no calendario das celebracións do Samaín na comarca destaca non só polo seu carácter lúdico, senón tamén pola súa vertente solidaria, xa que a recadación pola venta dos produtos típicos destinarase a UnaCuraparaAdri.

Dende o organización anímase á participación e á colaboración e lémbrase que no caso de choiva os festexos trasladaranse á pista cuberta do CPI As Mirandas.

CONCURSO DE CABAZAS

Dentro do Magosto Solidario, a concellaría de Cultura organiza unha nova edición do tradicional Concurso de Cabazas que se desenvolverá na propia praza. Haberá dúas categorías infantiles –menores de 7 anos e entre 7 e 12 anos- e tamén a de adultos, e os interesados poderán inscribirse o mesmo día entre as 17.30 e 19.00 horas. Haberá agasallos para a mellor cabaza de cada categoría que designe o xurado escollido para a ocasión.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares