O mosteiro de Santa Catalina acollerá a exposición das obras do certame de arte postal do colexio As Mirandas
26 Octubre 2017 11:12O colexio As Mirandas de Ares impulsou, coa colaboración do Concello, a cuarta edición do certame Mail Art (arte postal), que nesta ocasión tivo como lema Hai un artista en ti: MAILÓVART.
As organizadoras da iniciativa, as profesoras Lara Valcuende e Amelia Seoane, apostaron este ano por introducir como tema central As Artes, pola súa relevancia no proceso de aprendizaxe e ensinanza, prestando especial atención á ópera, con todo o que leva implÃcito.
Unha vez rematou a data para enviar os traballos, realizarase unha exposición no mosteiro de Santa Catalina con todas as obras presentadas. A inauguración da mostra será o dÃa 6 ás 17.00 horas e poderá visitarse ao longo de todo o mes.