O Concello festexa mañá o Día da Biblioteca con varias actividades
23 Octubre 2017 07:39O Concello de Ares, a través da área de Cultura, organiza mañá martes, día 24, unha serie de actividades para conmemorar o Día da Biblioteca, que terán como lugar de celebración a Biblioteca Municipal.
As actividades darán comezo a partir das cinco da tarde e están dirixidas aos nenos e nenas dos catro aos oito anos de idade que se inscribiran previamente, e consistirán en diversas actividades de animación á lectura inscritas dentro da campaña “Ler conta moito”.