Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 18 de Novembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2017
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NOVOS RETOS NA IGUALDADE.

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A concellaría de Cultura organiza a primeira edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares
16 Octubre 2017 08:14
A concellaría de Cultura organiza a primeira edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de AresA concellaría de Cultura organiza a primeira edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares
A concellaría de Cultura, que dirixe a edil socialista Alma Barrón, a través da OMIX, convoca a que será a primeira edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares 2017.

O prazo de presentación das imaxes comeza este luns, día 16, e permanecerá aberto ata o luns 6 de novembro. Durante este período, as persoas que desexen participar no certame poderán facelo enviando as súas fotografías ao correo electrónico concursofotografia@concellodeares.com.

As modadalidades do certame son, en primeiro lugar, de 8 a 13 anos e unha segunda categoría para as idades comprendidas entres os 14 e os 18 anos. Todos eles deberán estar empadroados en Ares.

Coa convocatoria preténdese convidar á xuventude a ollar na súa contorna aresá como contexto para recoñecer a súa herdanza, a través de imaxes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequeñas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento coa memoria colectiva do pobo de Ares. En concreto, convídase aos participantes a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.

As fotografías enviadas ao correo electrónico deberán ter formato JPEG ou JPG, cun tamaño de 6 a 12 megapíxeles.

No mesmo correo, os participantes terán que achegar obrigatoriamente os formularios de participación e de identificación das fotografías cubertos e asinados que se poderán descargar na páxina web do Concello www.concellodeares.com.

No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberán achegar tamén escaneada a autorización de imaxe asinada por elas.

Así mesmo, as bases do concurso establecen que non serán admitidas imaxes obtidas mediante fotocomposición nin manipulación dixital, nin aquelas que conteñan imaxes violentas ou degradantes para individuos ou organizacións.

As fotografías deberán ser orixinais, non publicadas nin presentadas a ningún concurso con anterioridade.

Segundo informou a Concellaría de Cultura, o xurado seleccionará un total de seis fotos (tres por cada categoría) atendendo a criterios de seguimento das bases, creatividade e orixinalidade da obra.

A fotografías gañadoras do certame pasarán a formar parte do calendario do Concello para o ano 2018, identificando a nome dos autores.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares