A concellarÃa de Cultura organiza a primeira edición do Concurso de FotografÃa Xuvenil Concello de Ares
A concellarÃa de Cultura, que dirixe a edil socialista Alma Barrón, a través da OMIX, convoca a que será a primeira edición do Concurso de FotografÃa Xuvenil Concello de Ares 2017.
O prazo de presentación das imaxes comeza este luns, dÃa 16, e permanecerá aberto ata o luns 6 de novembro. Durante este perÃodo, as persoas que desexen participar no certame poderán facelo enviando as súas fotografÃas ao correo electrónico
concursofotografia@concellodeares.com.
As modadalidades do certame son, en primeiro lugar, de 8 a 13 anos e unha segunda categorÃa para as idades comprendidas entres os 14 e os 18 anos. Todos eles deberán estar empadroados en Ares.
Coa convocatoria preténdese convidar á xuventude a ollar na súa contorna aresá como contexto para recoñecer a súa herdanza, a través de imaxes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequeñas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento coa memoria colectiva do pobo de Ares. En concreto, convÃdase aos participantes a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.
As fotografÃas enviadas ao correo electrónico deberán ter formato JPEG ou JPG, cun tamaño de 6 a 12 megapÃxeles.
No mesmo correo, os participantes terán que achegar obrigatoriamente os formularios de participación e de identificación das fotografÃas cubertos e asinados que se poderán descargar na páxina web do Concello
www.concellodeares.com.
No caso de que nas fotografÃas aparezan terceiras persoas deberán achegar tamén escaneada a autorización de imaxe asinada por elas.
Asà mesmo, as bases do concurso establecen que non serán admitidas imaxes obtidas mediante fotocomposición nin manipulación dixital, nin aquelas que conteñan imaxes violentas ou degradantes para individuos ou organizacións.
As fotografÃas deberán ser orixinais, non publicadas nin presentadas a ningún concurso con anterioridade.
Segundo informou a ConcellarÃa de Cultura, o xurado seleccionará un total de seis fotos (tres por cada categorÃa) atendendo a criterios de seguimento das bases, creatividade e orixinalidade da obra.
A fotografÃas gañadoras do certame pasarán a formar parte do calendario do Concello para o ano 2018, identificando a nome dos autores.