Sendeirismo polas Fragas do Eume: De Queixeiro a Caaveiro
15 Octubre 2017 23:42
O Concello de Ares, a través da súa ConcellarÃa de Deportes informa da programación dunha rota de sendeirismo de dificultade media-baixa, duns 14 km., polas Fragas do Eume, con saÃda dende o Camping de Queixeiro ( Monfero) ata o Mosteiro de Caaveiro ( Pontedeume), o vindeiro dÃa 29 de outubro, domingo, con saÃda en microbús, ás 9h. dende a Alianza Aresana cara a Queixeiro, e ao remate, dende Caaveiro, regreso a Ares, con chegada prevista ás 14,30h.
Establecese un lÃmite de 30 prazas que cubriranse por rigurosa orde de inscrición. A actividade vai dirixida a persoas de 16 anos en adiante. (menores de idade, sempre acompañados dun adult@ responsable). As inscrición pódese facer na Alianza Aresana, de luns a venres, de 9 a 14h. e de 16,30 a 19,30h., ata o mércores 25 de outubro, tamén a través do teléfono 981448057, no mesmo horario. A inscripción é de 3 euros.
Dende a Organización recomendase: Mochila pequena na que poder levar tetempé e bebida, chuvasqueiro, roupa e calcetÃns e calzado adecuados para camiñar por zonas de monte, e mesmo atravesar zonas húmidas
OBSERVACIÓNS: Recomendable cámara de fotos.