Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
os alcaldes de Ferrol, Ares e Mugardos destacan a nova etapa de colaboración entre os Concellos
11 Xaneiro 2008 11:06
O despacho de alcalde de Ares foi escenario esta mañá do acto no que os máximos responsables dos Concellos de Ferrol, Vicente Irisarri, Ares, Julio Iglesias, e Mugardos, Xosé Fernández Barcia, asinaron os respectivos convenios de revisión do prezo de agua potable que subministra a cidade naval a ditos municipios.
Na rolda de prensa posterior á sinatura, o rexedor ferrolán mostrou a súa satisfacción polo acordo adoptado con tódolos concellos aos que Ferrol lles vende a auga potable, ao tempo que destacou o feito de que o pantano das Forcadas supera na actualidade o 70% da súa capacidade, “o único en Galicia con esa cota”, dixo Irisarri. “Seguiremos administrando entre todos este servizo”, manifestou o alcalde de Ferrol, que engadíu que o convenio “debe ser unha pedra nun camiño longo de colaboracións”.
A planificación da rede de comunicacións, o transporte metropolitano, o solo industrial os servizos tales como o da auga ou dos bombeiros son algúns dos exemplos que, para Vicente Irisarri, deben abordarse de manera conxunta. Nesta liña, o rexedor socialista manifestou que “do que se trata é de dar uns magníficos servizos aos cidadáns, e isto é o que imos tentar facer neste mandato”. Incluso, referiuse a aspectos que poden ser moi pequenos, como o da canceira, pero que teñen unha grande importancia para os concellos.
Nesta colaboración, a Mancomunidade xoga un papel fundamental, tal e como subliñou Irisarri, que asegurou tamén que “se fai falla outro instrumento, o inventaremos”. “Queremos integrarnos, non subordinarnos, que non se cumpra o de que o pez grande se come ao pequeño”, manifestou o alcalde de Ferrol, que rematou garantindo que o papel das administracións locais pasan por que “os dereitos se exerzan da mellor forma posible”.
O rexedor de Ares, pola súa banda, afirmou que a presenza do alcalde de Ferrol no acto celebrado nesta vila simboliza “o liderazgo dun alcalde novo na xestión pero vello en política que non só está a resolver importantes escollos no seu municipio, Ferrol, senón tamén encabeza unha colaboración horizontal, de igual a igual, cos diferentes concellos da comarca”. Para Julio Iglesias, a corresponsabilidade e coparticipación son pezas fundamentais para resolver unha serie de situacións xeneradas nun momento no que a difusión do territorio é tan amplo e a resolución dos problemas vai máis aló do ámbito local.
“Non é que todo sexa amor e compañía, pero a través do diálogo e cun liderazgo claro poderemos resolver entre todos os problemas que temos optimizando recursos e vertebrando o territorio”, indicou o rexedor aresán, que asegurou que o convenio de revisión do prezo de auga potable é “magnífico” grazas “a esa vontade de diálogo”.
Tamén o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, destacou o acordo con Ferrol, ao tempo que mostrou a súa satisfacción por poder chegar a este tipo de acordos. “Hai proxectos importantes, que podemos facer de aquí en adiante, que van repercutir en tódolos Concellos da comarca”, indicou Fernández Barcia, que engadíu que “debemos traballar todos nesa dirección”. Ademais, afirmou que “estamos satisfeitos porque grazas a este acordo podemos estar en pé de igualdade cun Concello grande como é o de Ferrol”.

CONTIDO DOS ACORDOS

O convenio, que terá unha vixencia de dez anos prorrogables tacitamente por períodos de igual duración no caso de que ningunha das dúas partes denuncie o remate do contrato ou de calquera das súas prórrogas cunha antelación de tres meses, parte dun IPC anual do 3%. Así as cousas, establece un pago de 0,100000 euros por metro cúbico en 2007; de 0,106000 en 2008; de 0,125080 en 2009; 0,145093 euros en 2010; 0,165406 en 2011; e 0.173891 euros en 2012.
A determinación dos metros cúbicos subministrados realizarase mediante lecturas mensuais conxuntas por parte de persoal do Concello de Ares e Emafesa do contador xeral de Ares e Mugardos situado en Maniños, un contador xeral en Ares, e o de Mugardos. Ditas lecturas serán a base da liquidación que se realice mensualmente. Ademais, as diferenzas que se rexistren entre o volume de auga medido no contador situado no entroncamento coa rede de Fene e a suma dos caudais medidos nos contadores individuais de Ares e Mugardos se prorrateará entre os dous concellos en proporción ás medicións dos seus respectivos contadores.

VINDEIRA REUNIÓN DA MANCOMUNIDADE

En outro orden de cousas, o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, anunciou que a vindeira reunión da Mancomunidade terá lugar o día 21 deste mes no Concello da cidade naval. Preguntado ao respecto, o rexedor afirmou que existen avances en diferentes cuestións, como de transporte ou bombeiros, que posiblemente serán concretados en dita reunión.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares