O domingo 20 celebrarase no campo de Prados Vellos a edición 30 do trofeo de fútbol “Concello de Ares”, que enfrontará ao Numancia e ao Eume Deportivo
17 Agosto 2017 12:09O partido, organizado polo Numancia coa colaboración da administración local, será de balde e comenzará ás seis da tarde
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, xunto coa concelleira de Deportes, Alma Barrón, e membros da ADR Numancia, presentaron esta mañá o XXX Trofeo de Fútbol Concello de Ares, organizado polo clube deportivo aresán en colaboración coa administración local. Nesta ocasión, os equipos encargados de disputar o torneo serán o Numancia ADR e o Eume Deportivo.
O lugar do encontro será campo de fútbol municipal de Prados Vellos, o vindeiro domingo, día 20, a partires das seis da tarde, con acceso de balde.
A entrega de premios, á que acudirán responsables do Concello, terá lugar unha vez remate o partido –haberá trofeos, que se presentaron hoxe na rolda de prensa, para os dous equipos-, aproximadamente sobre as 20.00 horas.