Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 17 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares rinde homenaxe ás ximnastas Carla Vilasánchez e Lidia Martínez
06 xullo 2017 19:25
Ares rinde homenaxe ás ximnastas Carla Vilasánchez e Lidia MartínezAres rinde homenaxe ás ximnastas Carla Vilasánchez e Lidia MartínezAres rinde homenaxe ás ximnastas Carla Vilasánchez e Lidia MartínezAres rinde homenaxe ás ximnastas Carla Vilasánchez e Lidia Martínez
O salón de Plenos do Consistorio aresán acolleu esta tarde unha recepción institucional ás ximnastas locais Carla Vilasánchez e Lidia Martínez, en sinal do recoñecemento aos seus méritos deportivos tras o recente Campionato de España celebrado en Logroño. Ambas deportistas, do Club Ritmo de León e o Clube Acordes de Narón respectivamente, contan con destacados éxitos ao longo das súas carreiras e tiveron un importante papel na competición estatal.

O acto, presidido polo alcalde, no que tamén estiveron presentes membros do grupo de goberno e da corporación, contou coa participación de númeroso público, tanto familiares como veciños, que non quixeron perder a ocasión para apoiar ás homenaxeadas en tal sinalada data.

Tras a intervención do rexedor, na que destacou a importancia do esforzo e a constancia para superarse e acadar as metas, así como o orgullo que supón para o pobo de Ares contar con deportistas de máximo nivel nunha disciplina que ata o de agora non gozou de tradición no municipio, procedeuse á sinatura no Libro de Ouro por parte das ximnastas, ás que se lles entregou un agasallo institucional como colofón desta homenaxe.

Tanto Carla como Lidia plasmaron o seu agradecemento aos presentes pola súa asistencia neste día, e destacaron especialmente o apoio das súas familias, adestradores e amigos na progresión das súas carreiras.

O ateigado salón de Plenos contou tamén coa presenza de 60 ximnastas de distintas nacionalidades que participaron no XXI Encontro internacional de Ximnasia Rítmica organizado polo Club Esquío de Ferrol.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares