Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares homenaxea a Gildo Illobre coa segunda edición do Certame de Rondallas que leva o seu nome
20 xuño 2017 12:17
Segunda edición do Certame de Rondallas
O Concello de Ares rinde homenaxe a Gildo Illobre coa celebración o próximo 25 de xuño da segunda edición do certame de rondallas que leva o seu nome.

A concellaría de Cultura, área organizadora da iniciativa, deu a coñercer onte os detalles da programación prevista durante a xornada. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Julio Iglesias, xunto coa concelleira de Cultura, Alma Barrón, ademáis da viúva do homenaxeado, Concha Saavedra e o seu fillo Álvaro Illobre. Tamén estiveron presentes representantes da Rondalla Trovadores de Ares e da empresa colaboradora Bodegas y Vinos Ares.

Así, segundo se detallou onte, ás 17.30 horas haberá unha concentración de Rondallas diante do Concello, dende onde partirán para realizar un pasarrúas polo paseo marítimo –avenida Saavedra Meneses- ata chegar á carpa instalada no Parque Rosalía onde se inciciará o certame, que estará presentado por Eugenio Fernández, a partir das 18.00 horas.

Xa na carpa, tras a entrega das escaparelas conmemorartivas, darase paso ás actuacións das rondallas participantes. Nesta ocasión as formacións que deleitarán ao público coas súas melodías son Rondalla Añoranzas, Agrupación Artística Bohemios, Rondalla Club de Campo, Rondalla Lucero del Alba, Rondalla Sonidos del Alba e a Rondalla Trovadores de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares