Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Cooperativa de Productores do Campo de Cervás entregou ao Concello as chaves da antiga nave
06 Febreiro 2008 09:50
Os socios da Cooperativa de Produtores do Campo de Cervás fixeron entrega esta mañá ao alcalde de Ares, Julio Iglesias, das chaves da antiga nave, adquirida recentemente polo Concello grazas á achega económica da Consellería de Presidencia, que aportou os 90.000 euros nos que foi valorado o inmoble. Precisamente o titular deste departamento da Xunta de Galicia, José Luis Méndez Romeu, acudíu ao CIRS de Cervás, lugar no que se desenvolveu o acto, para participar da entrega, na que tamén estiveron presentes o rexedor socialista e os integrantes do grupo de goberno así como a maior parte dos 23 representantes da cooperativa.
O primeiro en falar foi o socio máis antigo da entidade, Juan Manuel Doval, que fixo un breve percorrido pola historia da cooperativa, creada en 1899 como sociedade agrícola ganadeira e xa en 1969, como cooperativa. Tamén lembrou a orixe da nave, agora de propiedade municipal, que comezou a construirse en 1970 grazas á implicación dos socios, “que traballábamos os domingos e festivos”, e a decisión da xunta de vender os bens, o 12 de novembro de 2005.
Para o alcalde, “hoxe é un día moi especial xa que culminan uns contactos que se remontan a hai polo menos dous anos”. Iglesias subliñou a importancia histórica da sociedade, “cuxa extinción da certa pena”, e que ten un especial recordo para os vellos militantes socialistas. Neste sentido, indicou que na sede do partido se falaba da época da República, na que se puxo en valor o traballo do campo, “e unha boa proba disto estaba aquí, en Cervás”.
“Cervás é moi pequeño, pero tivo uns fillos moi valiosos que fixeron que presente unha fisonomía bastante moderna”, afirmou o rexedor, que engadíu de que o feito de que os bens da cooperativa foran vendidos ao Concello garante a pervivencia da súa historia. “Sexa cal sexa o servizo que se poña a disposición dos veciños na nave, sempre haberá unha esquiña, unha placa ou unha pequena sala na que se recolla a vosa historia, os vosos libros de actas e tesourería, para que ese legado poda chegar a tódolos aresáns”, destacou Julio Iglesias.
Ademais, o alcalde quixo agradecer a aportación económica da consellería que preside Méndez Romeu, do que destacou o seu compromiso e a súa sensibilidade “persoal e política” cos concellos, como o de Ares, e as súas parroquias. “É o primeiro conselleiro que se achega ata esta esquiña e comparte con nós a incorporación ao patrimonio municipal dun ben que ten parte da historia desta parroquia”.
Pola súa banda, o titular deste departamento da Xunta asegurou que “Ares está de moda porque o seu alcalde é Julio Iglesias, cunha labor estratéxica e fundamental na Dirección Xeral de Xustiza durante os dous últimos anos, porque está sendo obxecto dunha atención preferente, como se constatou no Día Mundial da Arquitectura en Redes, e porque aquí se está grabando unha exitosa serie de televisión (Padre Casares, na TVG), na que se mostra un pobo con interese e futuro”.
Para José Méndez Romeu, que afirmou que “chegou a hora de Ferrol e da súa comarca, tanto no grande como no pequeño”, apuntou que a súa visita respondía a dúas finalidades. A primeira, a de rendir unha homenaxe ao que foi o cooperativismo agrícola e gandeiro, subliñando o feito de que os bens desta entidade vaian ser destinados a fins sociais. E, en segundo lugar, a de por de manifesto o xeito de actuar dos Concellos galegos, invertindo, como é o caso, na creación de equipamentos que melloren a calidade de vida de todos, ao marxe de vivir nunha zona máis ou menos poboada do municipio.
Despois da entrega ao Concello das chaves da nave e do reparto de agasallos –un reloxo para os 23 cooperativistas, a cargo do Concello de Ares, e unha figura dunha vaca, entregada polos socios ao conselleiro de Presidencia e ao alcalde-, os representantes políticos e da sociedade fixeron un percorrido polos terreos e o inmoble adquirido pola administración, para rematar o acto cun pincho no CIRS de Cervás.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares