Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Policía Local porá en marcha un dispositivo especial de tráfico para garantir o axeitado desenvolvemento da festa das Alfombras do Corpus
14 xuño 2017 09:37
A Policía Local de Ares porá en marcha un dispositivo especial co gallo da celebración das tradicionais Alfombras Florais, unha festa que se desenvolve coincidindo co Corpus Christi, isto é o día 18 de xuño, e conta coa declaración de Interese Turístico Rexional por parte da Xunta de Galicia.

Estas medidas, que afectan ao estacionamento de vehículos nas zonas nas que se deseñan e confeccionan as alfombras, poranse en marcha con anterioridade ao domingo 18, posto que nalgunhas rúas os veciños e veciñas da Asociación de Alfombras Florais xa comezan a traballar pintando os debuxos que durante a fin de semana serán completados coas flores e o verde recollido nestas últimas semanas.

Así as cousas, dende as 13.00 horas do venres 16 e ata que rematen os actos, na tarde do domingo 18 de xuño, estará prohibido o estacionamento e a circulación de vehículos na praza da Igrexa –entre Saavedra Meneses e rúa Real-, na rúa Real –entre a praza da Igrexa e a rúa Xuncal-, en Xuncal –da rúa Real á María- e na rúa María –dende o cruce con Xuncal ata o número 61-.

Nalgúns casos, precisamente pola necesidade de traballar con anterioridade, a Policía Local informa de que é posible que se interrumpa o tráfico ou o estacionamento, decisión que, en todo caso, serán puntuais e debidamente sinalizadas.
Ademais, e para facilitar o acceso á vila, o Concello habilitará un aparcadoiro a maiores dos xa existentes na zona situada entre o Mazote (avenida Federico García Expósito) e a avenida de Mugardos, que poderá ser utilizado durante a fin de semana.

Por outra banda, o Concello de Ares segue a colaborar coa Asociación de Alfombras para que esta festa sexa, un ano máis, un rotundo éxito. Ademais de ceder locais municipais para que os diferentes grupos que se forman por tramos de rúa poidan depositar as flores e o verde e vaian traballando, a administración local pon a disposición da entidade persoal e vehículos do parque municipal para realizar tarefas de recollida e traslado do material floral.

En canto aos actos relixiosos, está previsto un Triduo do xoves 15 ao sábado 17 ás sete da tarde. Xa o domingo, haberá unha misa ás cinco da tarde, para rematar estas celebracións do Corpus coa tradicional procesión pola alfombra.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares