Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
BANDO: Dispositivo tráfico Alfombras Florais 2017
13 xuño 2017 17:01
Imaxe
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES, FAGO SABER:

Que, con motivo da celebración dos actos relixiosos e procesionais de Corpus, que tan fonda tradición teñen nesta vila coa confección de alfombras florais, faise preciso adoptar una serie de medidas relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado de vehículos por algunhas das rúas onde, desde días antes das celebracións, traballarán os veciños e veciñas na elaboración das tradicionais alfombras. Por dito motivo, e co fin de facilitar o normal desenvolvemento dos actos programados, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 7 do RDL 6/2015, de 30 de octubre, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridad Vial, nos seus apartados a) e f), e o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, fago saber a todos/as os/as veciños/as e, en especial a aqueles que utilizan normalmente o seu vehículo en calidade de condutores, que nos días e horas que se sinalan a continuación, deben respectar as seguintes NORMAS ESPECIAIS:

Desde as 13:00 horas do venres 16 de xuño e ata que rematen os actos, na tarde do domingo 18, PROHIBIRASE TOTALMENTE O ESTACIONAMENTO E A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS:

 Na Praza da Igrexa, entre Saavedra Meneses e rúa Real.
 Na rúa Real (desde a praza da igrexa ata a rúa Xuncal).
 Na rúa Xuncal (entre a rúa Real e a rúa María)
 Na rúa María, desde o cruce coa rúa Xuncal ata o núm. 61.

Para facilitar os traballos de limpeza das rúas afectadas, PROHÍBESE O ESTACIONAMENTO nos lugares antes indicados, ata mediodía do luns 19
Non obstante o anterior, e dado que algúns grupos de veciños comezarán os traballos con dous ou tres días de antelación (para o pintado e marcado de figuras nas rúas, etc.), en zonas puntuais que se sinalizarán axeitadamente, poderá ser necesario interrumpir o paso de vehículos ou o estacionamento durante o tempo preciso para realizar estas labores desde a tarde do martes día 13 de xuño.

Tanto nesta zona como noutras das antes indicadas e durante estes días, por parte da Policía Local establecerase un dispositivo especial de vixilancia e control do tráfico, a fin de garantir que se respecten estas normas, procedendo, se é o caso, á denuncia e/ou retirada das rúas afectadas daqueles vehículos que supoñan un impedimento para o correcto desenvolvemento das actividades.

Grazas pola súa colaboración.

Ares, 12 de xuño de 2017.
O alcalde,
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares