Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 01 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Presentación actividades deportivas municipais de verán VeraneARES 2017
29 Maio 2017 14:07
Presentación actividades deportivas municipais de verán VeraneARES 2017Presentación actividades deportivas municipais de verán VeraneARES 2017
O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes presentou esta mañá os campamentos e campus deportivos que terán lugar nos meses de xullo e de agosto na vila, dentro da programación de verán 2017, e no que destacan os denominados Campamentos deportivos urbáns, para rapaces e rapazas entre os 7 e os 11 anos de idade, así como o novedoso programa denoiminado “XuventudeActiva” para rapazas e rapaces de 12 anos en adiante. Con esta presentación, péchase o Programa de Verán 2017 na vila de Ares, que ademáis do arriba sinalado contará con cursos de iniciación ao padel en Pedrós, ca XXII edición da Travesía a Nado da Rïa de Ares a celebrar o 22 de xullo, ca XXVI edición da Milla Urbana, que terá lugar o 5 de agosto, así como os campus de porteiros de fútbol Diego Rivas 2017 a celebrar o 5, 6 e 7 de xullo, o Campus da Fundación Celta de Vigo na semana do 17 a o 21 de xullo, e a IX edición do CHiQUIBASQUET, do 7 ao 11 de agosto.

Na xornada de hoxe, e tras a rolda de prensa que contou ca prezenza da Concelleira de Deportes, Alma Barrón, déronse a coñecer os aspectos máis significativos de cada programa, e deuse o pistoletazo de saída ás inscricións nos devanditos cursos e actividades, que de seguido presentamos en modo reducido:

CURSOS, CAMPAMENTOS E CAMPUS MUNICIPAIS:

• CURSOS INICIACIÓN AO PADEL:

Ao longo do mes de xullo e agosto PÁDEL. Cursos de iniciación. Na zona deportiva de Pedrós. Inscricións e información no pavillón deportivo municipal. Telf. 981468562.

• CAMPUS DIEGO RIVAS- Concello de Ares.

PORTEIROS DE FÚTBOL DR 2017: 5,6 e 7 de XULLO no campo municipal de Prados Vellos. Para nen@s de 6 a 16 anos. MÁIS INFORMACIÓN EN campus.diegorivas.es. Inscricións e información no pavillón deportivo municipal. Telf. 981468562.

• CAMPAMENTO URBÁN DEPORTIVO DO CONCELLO DE ARES. VERÁN 2017.

Para nen@s de 6 a 11 anos.
QUINCENAIS: 1ª e 2ª quincena de xullo, e 1ª quincena de agosto. De luns a venres agás festivos, de 10,30 a 13,30h. 60 prazas por quincena.
Idades: nen@s de 6 a 11 anos.
Contidos: multideporte, aventura, xogos na praia, deportes acuáticos.
Custe do Campamento: 30,09 €/quenda empadroad@s, 50,15 €/quenda non empadroad@s). No caso de inscrición para dúas quendas: 55,17 €/quenda empadroad@s e 95,29 €/quenda non empadroad@s). Os ingresos faranse no número de conta de ABANCA (2080 0211 61 3110000055). Familias numerosas 50% en todas as inscricións. Cada neno/a recibirá unha mochila e unha gorra
Inscricións, por rigurosa orde de solicitude, ata esgotar as prazas:
• Empadroad@s: Do 30 de maio ao 9 de xuño.
• Resto: Do 12 de xuño en adiante

• XUVENTUDEACTIVA VERÁN 2017: Para nen@s de 12 a 16 anos.

QUINCENAIS: 1ª e 2ª quincena de xullo, e 1ª quincena de agosto. De luns a venres agás festivos, de 11 a 13,30h. 30 prazas por quincena.
Idades: rapazada de 12 a 16 anos.
Contidos: kaiak, windsurf, padelsurf, volei Praia.
Custe do Campamento: 30,09 €/quenda empadroad@s, 50,15 €/quenda non empadroad@s). No caso de inscrición para dúas quendas: 55,17 €/quenda empadroad@s e 95,29 €/quenda non empadroad@s). Os ingresos faranse no número de conta de ABANCA (2080 0211 61 3110000055). Familias numerosas 50% en todas as inscricións. Cada neno/a recibirá unha mochila e unha gorra.
Inscricións, por rigurosa orde de solicitude, ata esgotar as prazas:
• Empadroad@s: Do 30 de maio ao 9 de xuño.
• Resto: Do 12 de xuño en adiante.

• CAMPUS DE FUTBOL FUNDACIÓN CELTA DE VIGO EN ARES.

Do 17 ao 21 de xullo: Campus de fútbol da Fundación Celta de Vigo. No campo de fútbol municipal de Prados Vellos, de 10 a 14 horas. O día 21 tamén ao longo da tarde.
Idades:Nen@s de 4 a 16 anos.
Contidos: Fútbol. Iniciación e perfeccionamento.
INFORMACIÓN: www.fundacioncelta.com, na Madroa ou na tenda do R.C.Celta.

• VIII CAMPUS DE BALONCESTO “ Chiquibasquet Ares”.

Do 7 ao 11 de agosto: De 10 a 13 h. no Pavillón deportivo.
Idades: nen@s de 5 a 18 anos.
Contidos: Baloncesto, iniciación e perfeccionamento.
A data límite de inscrición é o xoves 3 de agosto ás 13h.
Custe do Campus: 40 € (ingresar no nº de conta de BANCO POPULAR PASTOR CO NÚMERO 0075 0666 62 0700620997) A segunda inscrición familiar 35 €. A inscrición dá dereito a participar no Campus incluindo un tetempé diario e a recibir ao remate diploma e agasallo conmemorativo. Máis información en www.chiquibasquet.wordpress.com.

Máis información destas e doutras actividades, no Centro Cultural Alianza Aresana, e e inscricións no Pavillón deportivo municipal de luns a venres de 9 a 13,30 horas. Tamén no teléfono 981448057, Telf. 981468562. ou na web municipal en www.concellodeares.com.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares