Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Presentación oficial da quinta edición do “Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”
09 Maio 2017 16:25
Presentación oficial da quinta edición do “Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”Presentación oficial da quinta edición do “Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”Presentación oficial da quinta edición do “Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”Imaxe
O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa de que hoxe martes, ás 12h tivo lugar na Casa da Xuventude do Concello de Ares, a presentación oficial da quinta edición do “Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”, que desenvolverase os días 5, 6 e 7 de xullo, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.

O Campus estará dirixido un ano máis polo porteiro Diego Rivas, cunha traxectoria en equipos profesionais españois como o Lugo, Deportivo, Elxe, Albacete, Tenerife, Eibar, e mesmo internacionais como o do Auckland City F.C., e que é na actualidade, gardamallas profesional no Real Club Murcia. É ademáis Diplomado en Maxisterio ca especialidade de E.Física, e será quen coordine un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.

Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos a súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).

Ao longo deses tres días poderán mellorar as súas habelencias como gardamallas a través de adestramentos específicos e adaptados a cada nível e idade. Así deste xeito nas xornadas do mércores, xoves e venres, en horario de 10 a 13,30h, e tamén na tarde do venres ta a clausura do Campus, desenvolveranse sesións de adestramento e formación a cargo de reputados adestradores.

Dado o interese pola calidade como elemento diferenciador no desenvolvemento do Campus, haberá tan só 42 prazas, que cubriranse por rigurosa orde de inscrición. O prazo para inscribirense estará aberto durante todo o mes de maio, ata rematar as prazas previstas, puidendo facer a inscripción durante ese período pola seguintes canles:

a.- Descargando o formulario a través da web do evento en http://campus.diegorivas.es. (Unha vez cubertos os datos do alumn@ e preciso adxuntar o xustificante de pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico campus@diegorivas.es)
b.- Recollendo a folla de inscripción no pavillón deportivo municipal do Concello de Ares e entregándoa alí mesmo, puidendo facer o pago en ventanilla.

O prezo de inscripción é de 85 € (70 € para os empadroad@s en Ares ou xogadores das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR ou do Galicia de Mugardos, así como para 2 ou máis incripcións por unidade familiar), e inclúe:
- Equipación de portero consistente en guantes, camiseta y pantalón pirata de porteiro, serigrafiado co logo do Campus.
- Tentempé diario a media mañá, consistente nun minibocata, auga, e lácteo ou zumo de fruta e bebida isotónica.
- Xantar do venres 7 de xullo e xogos acuáticos na praia de Ares.
- Diploma acreditativo.
- Sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares