Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
BANDO: Tráfico e estacionamento de vehiculos Semana Santa 2017
05 Abril 2017 11:43
Tráfico e estacionamento de vehiculos Semana Santa 2017
JULIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES FAI SABER:

Que, con motivo da celebración dos actos relixiosos e procesionais da Semana Santa, faise preciso adoptar una serie de medidas relacionadas co estacionamento de vehículos e o tráfico rodado por algunhas das rúas desta vila, co fin de facilitar o normal desenvolvemento dos actos programados; polo que facendo uso das atribucións que me confire o artigo 7 do RDL 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, nos seus apartados a) e f), e o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, fago saber a todos/as os/as veciños/as e, en especial a aqueles que utilizan normalmente o seu vehículo en calidade de condutores que nos días e horas que se sinalan a continuación, deben respectar as seguintes NORMAS:

DOMINGO 9- Domingo de Ramos - Con motivo da procesión, prohíbese o estacionamento desde as 13:30 horas, ata o remate dos actos, para toda clase de vehículos, na Praza da Igrexa; rúa Real (treito entre a Praza da Igrexa e rúa Xuncal); rúa Xuncal, e rúa María (desde rúa Xuncal ata o “Gran Barato”).

MARTES, 15. Vía Crucis con saída da Praza da Igrexa, rúa Real, rúa María, cruce bazar “Moncho” e volta por rúa Real ata a Praza da Igrexa. Será preciso cortar o tráfico para toda clase de vehiculos e prohibir o estacionamento no treito indicado entre as 19:00 e as 22:30 horas.

XOVES, 13 - Xoves Santo - Dado que se celebrarán dúas procesións, prohibirase a circulación de vehículos ao paso das mesmas e tamén o estacionamento entre as 16:00 e as 00:00 horas. As rúas afectadas serán: Praza da Igrexa; rúa Real (treito comprendido entre a Praza da Igrexa e rúa Xuncal); rúa Xuncal, e rúa María (desde rúa Xuncal ata o “Gran Barato”).

VENRES, 14 -Venres Santo - Prohibirase a circulación de vehículos mentres se celebran as procesións, tanto pola mañá como pola tarde, e prohibirase o estacionamento de toda clase de vehículos desde as 08:00 horas ata as 00:00 en: Praza da Igrexa; rúa Real (treito comprendido entre a Praza da Igrexa e rúa Xuncal); rúa Xuncal, e rúa María (desde rúa Xuncal ata o “Gran Barato”).

SÁBADO, 25. Pecharase ao tráfico e prohibirase o estacionamento na Praza da Igrexa, entre as 20:30 horas e as 00:00.

DOMINGO, 26. Domingo de Resurrección - Prohibirase únicamente a circulación de vehículos mentres se celebra a procesión, sen que se prohiba o estacionamento no seu percorrido, ainda que durante o paso da comitiva, entre as 10:30 e as 12:15, non se permitirá incorporarse á circulación aos vehículos estacionados no seguinte treito: Igrexa Parroquial - rúa Real - Avenida de Mugardos - rúa Celso Emilio Ferreiro e rúa Tucho Vilasanchez ata a igrexa de Lubre.

Por parte da Policía Local establecerase un dispositivo especial de vixilancia e control do tráfico, a fin de garantir que se respecten estas normas, procedendo, se é o caso, á denuncia e/ou retirada das rúas afectadas daqueles vehículos que supoñan un impedimento para o correcto desenvolvemento dos actos.

Grazas pola súa colaboración

Ares, 4 de abril de 2017
O alcalde,

Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares