Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello informa das medidas especiais de tráfico con motivo do traslado do Centro de Saúde
31 Marzo 2017 11:07
O Concello de Ares, a través da súa área de Policía Municipal e Tráfico informa de que, con motivo do traslado do Centro de Saúde ás instalacións provisionais no edificio do antigo Concello (Praza da Constitución s/n), a partir do próximo luns 3 de abril, faise preciso adoptar unha serie de medidas relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado por algunhas das rúas dos arredores, co fin de facilitar o acceso a vehículos de urxencias, persoas con dificultades de mobilidade e persoal de servizo de garda.
Deste xeito, dende o Concello infórmase a todos os veciños e veciñas e, en especial aos residentes nos treitos máis próximos á Praza da Igrexa das rúas María, Real e dos Anxos, que a partir deste luns, data na que dito edificio comezará a funcionar instalación provisional do Centro de Saúde, produciranse unha serie de cambios para regular o tráfico e estacionamento na zona.
Así, na rúa Real, diante das vivendas sinaladas cos números 2 a 8 (desde a Praza da Igrexa ata o paso de peóns) reservarase un espazo para estacionamento do persoal do centro de saúde, en horario de 07.30 a 15.30, todos os días laborais.
Así mesmo, habilitarase un estacionamento específico para ambulancias na parte dianteira do edificio (na Praza da Constitución), debidamente sinalizado.
Ademais, habilitarase unha praza de estacionamento para vehículos utilizados por persoas con mobilidade reducida, xunto do paso de peóns inmediato á vivenda número 19 da rúa Real e sinalizaranse de sentido único de circulación os dous canellóns existentes inmediatamente antes da Praza da Igrexa, entre as rúa María e Real.
Por parte da Policía Local establecerase un dispositivo especial de vixiancia e control do tráfico, sobre todo durante os primeiros días, á fin de garantir que se respecten estas normas e garantir así o correcto desenvolvemento do tráfico rodado e peonil.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares