Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Cultura organiza o Concurso de Relatos Curtos "Concello de Ares" para rapaces e rapazas da ESO
30 Marzo 2017 12:04
Concurso de Relatos Curtos Concurso de Relatos Curtos
A área de Cultura do Concello de Ares, a través da OMIX, e en colaboración co CPI As Mirandas, o IES Mugarsdos e o Centro de Ensino Colexio Loyola de Mugardos, organiza o cuarto concurso de relatos curtos dirixido a nenos e nenas matriculados en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. Esta iniciativa, enmárcase dentro dos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas e, polo tanto, deberán presentarse escritos nesa lingua.

Segundo consta nas bases, o tema é libre e cada autor/a poderá presentarse cunha única obra, establecendo a obrigatoriedade de que os contos sexan inéditos e non teñan sido premiados anteriormente en ningún outro certame.

As narracións deberán ter unha extensión máxima de oito folios, escritos a ordenador, a dobre espazo e por unha única cara, con letra Arial 12. Ademais, incluirán unha portada relacionada coa temática do conto en cuestión.

Por outra banda, as bases establecen que os relatos poderán presentarse asinados con lema ou seudónimo, que deberá figurar xunto co título da obra nun sobre pechado. No interior do sobre tamén deberán constar a identidade do autor ou autora, o seu teléfono, enderezo actual, correo electrónico (se o tivese) e fotocopia do DNI.

Os orixinais entragaranse na Biblioteca Municipal, ubicaba no número 11 da Rúa María (edificio Alianza Aresana), entre o mércores 5 de abril e o venres 30 dese mesmo mes, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas.

En canto ao acto de entrega de premios, terá lugar un día antes da celebración das Letras Galegas, isto é o 16 de maio, no salón de actos da biblioteca municipal, ás sete da tarde.

A este respecto, haberá un primeiro premio e dous finalistas. Ademais, todos os rapaces que tomen parte neste certame recibirán un diploma acreditativo e os relatos gañadores serán publicados na páxina web do Concello.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares