Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 30 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
BANDO: traslado do Centro de Saúde ás instalacións provisionais no edificio do antigo Concello
30 Marzo 2017 09:57
BANDO: traslado do Centro de Saúde
O centro de saúde provisional (Praza da Constitución s/n) empeza a funcionar a partir do luns 3 de abril e que, con motivo do traslado a estas instalacións, este sábado 1 de abril non haberá servizo de urxencias en Ares, o cal será trasladado a Mugardos.

D. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE,

FA/SABER,

Que, con motivo do traslado do Centro de Saúde ás instalacións provisionais no edificio do antigo Concello, faise preciso adoptar unha serie de medidas relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado por algunhas das rúas dos arredores, co fin de facilitar o acceso a vehículos de urxencias, persoas con dificultades de mobilidade e persoal de servizo de garda; polo que facendo uso das atribucións que me confire o artigo 7 do RDL 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, nos seus apartados a) e f), e o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, fag0 saber a todos/as os /as veciños/as e, en especial aos residentes nos treitos máis próximos á Praza da Igrexa das rúas María, Real e l:los Anxos, que desde o momento en que se comece a utilizar dito edificio como instalación provisional do Centro de Saúde, produciranse os siguientes cambios:

Na rúa Real, diante das vivendas sinaladas cos números 2 a 8 (desde a Praza da lgrexa ata o paso de peóns) reservarase un espazo para estacionamento do persoal do centro de saúde, en horario de 07.30 a 15.30, todos os días laborais. Habilitarase un estacionamento específico para ambulancias na parte dianteira do edificio (na Praza da Constitución), debidamente sinalizado.

Habilitarase unha praza de estacionamento para vehículos utilizados por persoas con mobilidade reducida, xunto do paso de peóns inmediato á vivenda número
19 da rúa Real.

Sinalizaranse de sentido único de circulación os dous canellóns existentes inmediatamente antes da Praza da lgrexa, entre as rúa María e Real.

Por parte da Policía Local establecerase un dispositivo especial de vixiancia e control do tráfico, sobre todo durante os primeiros días, á fin de garantir que se respecten estas normas, procedendo, se é o caso, á denuncia e/ou retirada daqueles vehículos que supoñan un impedimento para o correcto desenvolvemento do tráfico rodado e peonil. Grazas po a súa colaboración.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares