Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares súmase ao paro internacional das mulleres no 8 de marzo
07 Marzo 2017 12:54
O alcalde, Julio Iglesias, afirma que o compromiso cos dereitos das mulleres é irrenunciable

O Concello de Ares sumarase á iniciativa internacional do paro das Mulleres mañá 8 de marzo ás 12.00 horas. O rexedor e todo o goberno farán un paro simbólico diante do Concello e animan ás veciñas e veciños a compartir eses cinco minutos de concentración en defensa da igualdade e contra a violencia de xénero.

O Concello súmase así, como explica a concelleira de Muller, Victoria Montenegro, ás mobilizacións internacionais do 8 de marzo como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen ainda nos dereitos de mulleres e homes.

Así mesmo, o goberno lembra os actos organizados dende a concellaría de Muller e o CIM de Ares para o vindeiro venres 10 de marzo baixo o lema As Mulleres saen á rúa.

O programa de actividades dará comezo ás 17.00 horas no Parque Rosalía, lugar de onde partirá a Marcha de Mulleres, á que se poderán unir todas e todos que o desexen, para chegar en torno ás 17.30 horas á Praza da Consitución, na que se celebrará un acto conmemorativo. O acto inclúe a exposición de traballos realizados pola Asociación de Mulleres Concepción Arenal, a Asociación de Amas de Casa e as alumnas dos Obradoiros de Memoria. Tamén haberá unha mostra de danza titulada “Nós, loitadoras”, a cargo das mozas da escola de Danza Danzares.

A idea principal das iniciativas, segundo explican dende a área municipal de Muller, é dar protagonismo ás popias mulleres, de todas as idades, e dar valor ó que elas, as mulleres de Ares, fan diariamente no municipio, facéndoo visible para toda a cidadanía.

Dende a Concellería de Muller faise un chamamento a participar na Marcha e os actos que terán lugar a continuación, xa que os compromisos cos cambios sociais que aínda son necesarios para fomentar a igualdade real é de todas e todos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares