Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 06 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares conmemora o Día Internacional da Muller baixo o lema As mulleres saen á rúa
03 Marzo 2017 12:39
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O Concello de Ares, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e a Concellaría de Muller, que dirixe a edil socialista Victoria Montenegro, organiza unha serie de actividades co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, baixo o lema As mulleres saen á rúa.

A idea principal das iniciativas, segundo explican dende a área municipal de Muller, é dar protagonismo ás popias mulleres, de todas as idades, e dar valor ó que elas, as mulleres de Ares, fan diariamente no municipio, facéndoo visible para toda a cidadanía.

Por este motivo, o venres día 10 de marzo está prevista unha marcha de Mulleres e, ademais, as asociacións de mulleres de Ares, as mozas da escola municipal de danza ou as mulleres dos obradoiros de memoria serán as protagonistas da xornada con actuacións e exposicións dos seus traballos.

O programa de actividades previsto para o día 10 de marzo, venres, dará comezo ás 17.00 horas no Parque Rosalía, lugar de onde partirá a Marcha de Mulleres, á que se poderán unir todas e todos que o desexen, para chegar en torno ás 17.30 horas á Praza da Consitución, na que se celebrará un acto conmemorativo. O acto inclúe a exposición de traballos realizados pola Asociación de Mulleres Concepción Arenal, a Asociación de Amas de Casa e as alumnas dos Obradoiros de Memoria. Tamén haberá unha mostra de danza titulada “Nós, loitadoras”, a cargo das mozas da escola de Danza Danzares.

Dende a Concellería de Muller faise un chamamento a participar na Marcha e os actos que terán lugar a continuación, xa que os compromisos cos cambios sociais que aínda son necesarios para fomentar a igualdade real é de todas e todos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares