Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os disfraces dos nenos e as comparsas poñen a cor en Ares na primeira xornada adicada ao Entroido
04 Febreiro 2008 10:41
Nin o mal tempo foi quen de restar protagonismo a esta primeira xornada do Entroido en Ares. Aínda que o Concello decidíu, polo temporal, cambiar o escenario elixido para o desenvolvemento das actividades, pasando da praza da Constitución ao Casino de Ares, as actividades, incluido o pasarrúas das comparsas e entroidos, mantivéronse tal e como estaba previsto.
Dende as 17.00 horas, nenos e maiores disfrutaron duns actos que foron presentados polo coñecido animador Pedro Brandariz e inaugurados pola concelleira de Cultura, a socialista Ana Fernández Coira. A edil lembrou aos centenares de asistentes o traballo que está a realizar o grupo de goberno para que os aresáns “se sintan orgullosos de pertencer a un pobo que sempre participou nas actividades que se organizan”. Nesta liña, Fernández indicou que, despois dun ano, o pasado, no que non houbo moitas actividades de Entroido, arranca unha nova etapa, na que os actuais responsables locais pretenden que “a participación sexa o espectáculo principal”.
Na xornada desta tarde entregáronse os premios do premio de pintura infantil, cuxa exposición foi inaugurada esta mañá na carpa da praza da Constitución. Os galardóns, consistentes nun paquete de material de pintura, foron para Paola Toribio García, na categoría de 6 a 9 anos, e Lorena López Vilar, na de 10 a 12 anos.
Tamén se desenvolveu o concurso de disfraces infantil e de adultos, que rexistrou unha participación maior á esperada, xa que a organización permitíu inscribirse no mesmo Casino. Así, sumáronse un total de 22 nenos na modalidade infantil, sendo os gañadores, despois da deliberación do xurado, Ana María López Fernández e Miriam Giraldo –primeiro premio-, disfrazadas de velliñas; Antonio Fernández Díaz e Lucía González Díaz –segundos clasificados-, de gatos; e Iker Meizoso Sánchez –un bebé de dez mesiños, en terceiro lugar-, disfrazado de hippie dos anos 70. Os premios consistiron nun MP4 para cada un.
En canto aos adultos, houbo un total de seis participantes –todos en parellas ou grupos-, sendo o gañador o grupo de burbuxas de Freixenet. As vencedoras deste concurso eran seis amigas –Fátima, Elena, Carlota, Patricia, Ana e Pili-, que recibirán un vale por 60 euros a gastar nun establecemento de Ares.
E o último premio foi o outorgado á comparsa máis numerosa, establecido para grupos formados por máis de dez integrantes. Neste, participaron tres comparsas: Os cociñeiros, con 12 persoas; a Carroza pirata, con 13; e Os semáforos, que, con 24 integrantes, foron os vencedores. Este premio consta dun vale de 200 euros, tamén a gastar neste municipio.
Como non podía ser doutro modo, as comparsas e a súa música tiveron o seu protagonismo. Contratadas polo Concello, actuaron durante o espectáculo “Os trastos” de Valdoviños e “Las Chicas de Oro”, de Pontedeume, que ofreceron unhas cancións cargadas de sátira e crítica sobre todo aos políticos.
Aínda que mañá hai programado un obradoiro para os pequenos, que terá lugar na Alianza a partires das cinco da tarde, non será ata o mércores, festivo en Ares, cando se retomen as actividades de Entroido, cunha festa que inclúe un concurso de entroidos, con queima na praia incluido, e unha chocolatada popular con orellas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares