O Concello de Ares gaña a batalla da remunicipalización da auga
17 Febreiro 2017 12:11O Xulgado Contencioso-Administrativo dictou o pasado dÃa 13 de febreiro a Sentenza número 00016/2017 pola que desestima Ãntegramente o recurso contencioso-administrativo interposto por VIAQUA Gestión Integral de Aguas de Galicia SAU (antiga Aquagest) que ata o ano 2013 era a empresa concesionaria da xestión do subministro de auga potable e rede de sumidoiros do Concello de Ares, data na que o Concello asumiu a xestión directa do servizo.
Na sentenza desestimase Ãntegramente as pretensións de Viaqua (Aquagest) que entablou unha demanda xudicial contra o Concello de Ares representado pola Letrada B. Sestayo Doce e, dando a razón ao Concello de Ares, polo que este último non ten que abonar en concepto de regularización por déficit de tarifa as cantidades de 604.900,56 euros e 10.305,12 euros.
Esta sentenza ven a ratificar a actuación do Concello de Ares e a súa legalidade e en concreto os acordos adoptados pola Xunta Local de Goberno que desestimou as pretensións en vÃa administrativa de Viaqua (Aquagest) polo citado importe de 615.205,68 euros máis os intereses legais da devandita cantidade.