Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 14 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
As áreas de cultura e deportes contan cun completo programa de actividades para as Festas do Nadal
14 Decembro 2016 13:00
Presentación Nadal 2016Cartel díptico Nadal 2016Actividades díptico Nadal 2016
A programación presentada no día de hoxe inclúe unha ampla variedade de obradoiros e numerosas actividades deportivas

O responsable da concellaría de Cultura e Deportes, o socialista Eugenio Fernández, deu a coñecer esta mañá o intenso programa de actividades promovido pola administración local co gallo das Festas do Nadal.
Para comezar, a xornada do domingo 18 celebrarase o Certame de Panxoliñas. O evento, que celebra a súa sexta edición, e que cada ano obtén un grande éxito de participación e público, desenvolverase na Igrexa de San Xosé a partires das sete da tarde.

Xa o mércores, día 21, os máis pequenos serán os protagonistas dun novo obradoiro que acollerá a Biblioteca Municipal. Trátase do “Obradoiro de postais de Nadal”, dirixido a nenos e nenas de catro a doce anos de idade, que dará comezo a partir das 17.30 horas. Esta actividade terá o custo dun euro.

O xoves 22 a Alianza Aresana acollerá un bingo navideño dirixido á participación en familia. Esta actividade comezará ás 17.30 horas e conta tamén cun euro de custo.

Tamén a partir do día 22 dará comezo na pista exterior do CPI As Mirandas un obradoiro de patinaxe e skate dirixido a nenos e adultos. As inscricións son de balde, no Pavillón Deportivo Municipal, ata o 20 de decembro. As datas de celebración desta actividade son os días 22, 27, 29 de decembro e 3 de xaneiro, en horario de 11.00 a 12.00 horas.

Outro obradoiro será o protagonista da xonada o venres 23, nesta ocasión de elaboración de caixas de agasallo. Será na Alianza Aresana a partir das 17.30 horas e está dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade. O custo é dun euro.

Ademais, dende o 23 e ata o 5 de xaneiro o Complexo Acuático de O Castro acollerá un curso intensivo de natación infantil en horario de 11.00 a 11.45 horas.

O sábado 24, terá lugar a tradicional Cabalgata de Papa Noel. A cabalgata saíra ás 16.30 horas da Praza do Pedregal de Redes, facendo un percorrido por tódolos lugares e principais rúas de Ares, para rematar arredor das sete da tarde diante do edificio da Alianza Aresana, lugar onde Papa Noel recibirá a tódolos nenos e nenas que desexen entregarlle a súa carta.

O luns 26, en horario de 17.00 a 19.30 horas, levarase a cabo un Obradoiro de Bisutería na Alianza Aresana. Os destinatarios serán os nenos e nenas con idades comprendidas entre os catro e os doce anos. Para desenvolver esta actividade establécense dous turnos, o primeiro de 17.00 a 18.00 horas e o segundo de 18.30 a 19.30 horas. O custe deste obradoiro é de 5 euros.

Tamén o luns 26 e ata o día 28, de 17.00 a 19.30 horas, desenvolverase no pavillón deportivo municipal unha actividade de Tenis de Mesa coa colaboración do Club San Xoan. Os destinatarios da iniciativa son os nenos e nenas a partir de oito anos e tamén adultos. As prazas son limitadas e os interesados en participar poden anotarse nas dependencias do pavillón ata o xoves 22. A actividade é de balde.

A partir dese mesmo día, luns 26, ata o 29 de decembro, dende as 10.00 ás 13.00 horas, desenvolverase no Pavillón Municipal o obradoiro de Danza Danzemos Ares para maiores de 10 anos. As inscricións deberán tramitarse nestas dependencias antes do 16 de decembro. Ten un custo de 30 euros, que inclúe agasallo e bebida.

O martes 27, de novo a Biblioteca Municipal será o escenario doutro obradoiro, neste caso de manicura, que dará comezo a partir das 18.00 horas e no que poderán participar os nenos e nenas a partir dos dez anos. Ten un custo dun euro.

Na xornada seguinte, mércores 28, terá lugar no Campo de Prados Vellos unha nova edición do Clinic de Fútbol do Celta de Vigo para xogadores e porteiros. A actividade, que se impartirá de 10 a 14 horas, esta dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade. Os interesados poden visitar a páxina, ondea atoparán toda a información e poderán tramitar as inscricións.
Nesa mesma xornada celebrarase a presentación do libro “Seis días para leer y mil noches para soñar” do Círculo de Ares. O evento literario será na Alianza Aresana a partir das 19.30 horas.

Xa o xoves 29 un novo obradoiro de maquillaxe de festa será o protagonista.
Será na Alianza Aresana a partir das 17.00 horas. A idade mínima para participar é de 15 anos. Ten un custo de cinco euros.

O venres 30 de novo a Alianza Aresana acollerá outra iniciativa pensada para toda a familia. Será un obradoiro dirixido a pais/nais e nenos/as. A partir das 18.00 horas e cun custo dun euro.

Ao día seguinte, o sábado 31, a actividade central será a XII Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugaros. A cita deportiva, que congrega cada ano a centos de participantes e conta cun percorrido de 10 quilómetros, desenvolverase a partir das once da mañá e contará con sorteos e agasallos entre os participantes que cheguen á meta. Os interesados en participar, de 14 anos en adiante, deberán inscribirse na web da Federación Galega de Atletismo ata o día 27.

Outra actividade deportiva centrará a xornada do luns 2 de xaneiro. Será a de Zumba Kids no pavillón municipal que contará con dúas quendas, ás 17.00 horas, para os nenos e nenas de 3 a 7 anos, e ás 18.00 horas, de 8 a 12 anos. Haberá que anotarse previamente na Biblioteca Municipal e aboar un euro.

Tamén o luns 2 de xaneiro (ata o día 5) dará comezo a actividade de baloncesto Chiquibasquet de Nadal, de mans do prestixioso adestrador Cuiqui Barros. Está dirixido a idades comprendidas entre os 5 e os 20 anos. O custo por participar establécese en 30 euros. As prazas son limitadas polo que haberá que inscribirse con antelación no Pavillón municipal (ata o mércores 28).

O martes 3, haberá na Alianza Aresana un obradoiro de pistas baixo o título “Melchor, Gaspar e Baltasar voltaron perder os zapatos”. Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade e ten un custo dun euro.
O mércores 4 nese mesmo escenario tocaralle o turno ao obradoiro de pastelería creativa (ás 16.30 horas para nenos e nenas dos 3 aos 7 anos e ás 18.00 horas de 8 a 12 anos). Para participar haberá que aboar a cantidade de seis euros.

Finalmente, o martes 5 de xaneiro terá lugar polo municIpio a tradicional Cabalgata de Reis. A comitiva partirá ás 16.30 horas das Praza do Pedregal de Redes para facer un percorrido por tódolos lugares e principais rúas da vila ata chegar ao pavillón municipal, en torno ás sete da tarde, onde as Súas Maxestades recibirán aos máis pequenos e haberá unha festa para o disfrute de toda a familia. Os xogos e inchables instalados para a ocasión estarán funcionando dende as 16.30 horas ata a chegada dos Reis.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares