Homenaxe institucional ao Club de Remo de Ares
30 Setembro 2016 08:27Mañá sábado, 1 de outubro, a Alianza Aresana acollerá unha homenaxe ao Club de Remo de Ares, con motivo do recente ascenso á Liga San Miguel-ACT.
O acto dará comezo a partir das 12.30 horas nas dependencias da Alianza Aresana, lugar onde os tripulantes da traiñeira Santa Olaia e tódala familia do Club de Remo serán recibidos por parte da Corporación e representantes das asociacións do municipio.
Dende o Concello anímase a participar á veciñanza neste acto, en sinal do recoñecemento de todo un pobo polo traballo realizado e o tan merecido ascenso acadado polos nosos remeiros.